19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / MANUEL CUIÑA, SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN

2010

MANUEL CUIÑA, SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E MEMBRO DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdG-PSOE ATÓPASE INDIGNADO POLO TRATO QUE ESTÁN A RECIBIR OS PROXECTOS FEITOS NA ETAPA SOCIALISTA POR PARTE DO GOVERNO MUNICIPAL

MANUEL CUIÑA CITA EXEMPLO O QUE ESTA A ACONTECER NA PARROQUIA DE SANTIRSO DE MANDUAS. UNHA DAS MAIS PERXUDICADAS

 

12/03/2010

 

12 de marzo de 2010.- Manuel Cuiña di sentirse totalmente indignado coa actitude do goberno municipal “no referente o trato que están a recibir os proxectos que quedaron pendentes de executar ou rematar da etapa socialista que ten o seu máximo exponente na parroquia de Manduas”.
Manuel Cuiña recorda, que a orden de paralización das sendas de Manduas asinada polo conselleiro do MATI  é das mesmas datas nas que eles estaban xa coa negociación da moción de censura.
Que  o Albergue de peregrinos era unha prioridade para a Xunta,  e cos terreos xa a súa disposición, e nada mais acceder o governo,pasou a ser prescindible.
Que  cando Rey  se reuniu co Consellerio de Cultura obviou calquera referencia o remate das obras da ampliación do Centro Vista Alegre.
Que a traída das augas inciadas polo executivo socialista non tivo continuidade nos plans estatais aínda sabendo que hai familias que carecen de auga potable nas súas casas.
Que  manteñan pechado o auditorio a pesar de estar certificado dende decembro.
E se lle sumamos a todo esto a renuncia a subvención do arranxo do pavillón de deportes ou da festa da empanada “parece case como unha persecución a todo un pobo, a toda unha parroquia”
Manuel Cuiña pregúntalles “se o que están buscando é acabar coa paciencia dos cidadáns de Manduas” xa que a todo esto hai que engadirlle o último atropelo que se vai  a materializar a próxima semana na rúa Agro do Valo

Manuel Cuiña denuncia que o concello non se está a adaptar ó proxecto contratado na execución baixando a calidade e o acabado estético da rúa e que ademais está a malgastar os cartos públicos facendo actuacións inútiles.
Manuel Cuiña destaca que no proxecto orixinal a zona de aparcamento íase construír con formigón pulido, seguindo a estética establecida nas rúas Emilio Alonso Paz e Santa Olaia de Silleda. Este formigón delimitábase da zona asfaltada de circulación cun bordillo deitado que funcionaba como remate entre ambos materiais.
Este sistema diferenciador entre a zona de circulación e aparcamento é o que se está utilizando nas grandes vilas porque visualmente amplían as rúas e aumenta  a seguridade viaria.

Sen razóns aparentes, e por suposto, sen consultalo cos veciños afectados o concelleiro de obras decide eliminar esa zona formigonada e converter toda a rúa nunha gran plataforma asfaltada. Eso si, dentro das súas magnificas ideas decide manter o bordo delimitador entre asfalto e formigón “cando xa non hai nada que delimitar” co conseguinte custe engadido e innecesario.
Pero o concelleiro socialista vai máis aló, xa que os acusa de favorecer os intereses da empresa xa que no prezo final, ó utilizar asfalto en vez de formigón sae beneficiada. E polo tanto haberá que preguntarlle ó concelleiro de obras “cantos cartos se van a aforrar na obra polo cambio”
Manuel Cuiña insiste en que esta rúa ía a ser unha das máis vistosas de toda Bandeira e agora será unha rúa máis. Tamén asegura que non lle valen argumentos técnicos para xustificar a decisión do cambio, xa que “a solución do aparcamento con formigón funciona, en Silleda, en Santiago ou onde se utilice” eso si, considera que o único argumento para o cambio é o económico “que este seguro que lle interesa ó concelleiro”.
Manuel Cuiña, vai mais aló o asegurar que está convencido de que como esta obra xa non se podía paralizar o que están facendo “é estropeala”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera