19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / OS SOCIALISTAS AFIRMAN QUE O BSCH PEDIU

2010

OS SOCIALISTAS AFIRMAN QUE O BSCH PEDIU A REANUDACION DO PLEITO NO QUE RECLAMAN AO CONCELLO 190.000 € MÁIS INTERESES DENDE O ANO 2000 E QUE REY O ESTÁ A OCULTAR.

OS SOCIALISTAS DIN QUE O CONCELLO NON PODE ASUMIR O PAGAMENTO DUNHA NOVA SENTENZA XUDICIAL E QUE A POLITICA DE REY VAI A SUMIR O CONCELLO NUNHA ESPIRAL DE IMPAGOS

 

16/03/2010

 

Os socialistas afirman  que o BSCH pediu a execución da sentenza que condenaba ó concello a pagar 190.000 € máis intereses dende o ano 2000 correspondentes ao impago de un crédito solicitado polos governos populares, e  que Rey está a ocultalo, como “xa o fixo con outras sentenzas ”.
Os socialistas din que a entidade debeu romper negociacións co concello por falla de comunicación coa  Alcaldesa. De ser certa esta situación, para os socialistas “Rey está poñendo en serio risco a economía municipal porque non está en disposición de facerlle fronte a un pago deste calibre sen un acordo que o fraccione”, e lamenta que deixaran morrer unhas negociacións iniciadas polo goberno socialista que “ían permitir facer o pagamento da débeda sen perigo para a supervivencia económica do concello”.
O grupo municipal socialista preguntaralle a Rey no próximo pleno, porque se romperon as negociacións  iniciadas polo executivo socialista coa entidade bancaria BSCH para solventar a débeda que o concello mantén coa mesma, e pediralle responsabilidades no caso de que se demostre que a ruptura sucedeu  de xeito unilateral  “ pola súa neglixencia a hora de negociar”, así como unha comparecencia publica para que explique por qué membros do seu goberno deixaron sen pagar este crédito que pediran no ano 2000.
Os socialistas recordan o continuarse  o proceso xudicial con “total seguridade teremos unha sentenza condenatoria de pago este ano”, que xunto coa execución da sentencia de Urbaser por mais de 200.000 €, así como a reducción do orzamento polas facturas que deixaron impagadas no ano 2009, e que pasaron para este ano a través do recoñecemento extraxudicial de Xaneiro “a finais de ano teñamos problemas para pagar os salarios dos traballadores municipais e os gastos correntes”.

Para os socialistas, a alcaldesa está levando o concello”a unha situación limite a nivel económico”, o que pode ademais agravarse, se como dixo, intenta sacar adiante o orzamento para o ano 2010 xa que, como mínimo,  as sentencias en firme como a de Urbaser  teñen que incluírse obrigatoriamente no documento, e deberían deixar unha previsión para pagarlle o BSCH  “polo que un novo orzamento, sen esos cartos,  quedaría agotado antes do outono, o que significaría o retroceso económico total  e a volta a políticas económicas como as de Roucho“  eso si, sen esquecer ademais a liquidación da deuda atrasada “que se como é obrigatorio por lei a inclúen no orzamento non pasamos nin do mes de Abril”.
Os socialistas pídenlle a alcaldesa “cordura na xestión económica porque con esta política vai a sumir a Silleda de novo nunha espiral de impagos” e que tente reabrir negociacións coa entidade bancaria se non “quere ver a Silleda avocada o fracaso total en materia económica”

Antecedentes
O BSCH, iniciou o proceso contencioso-administrativo pola falta de pagamento dun crédito que ascendía a unha cantidade superior a 210.000 euros, que lle foi solicitado no ano 2000.
Cando chegaron á alcaldía en xuño de 2007 os socialistas , atopáronse cunha débeda superior aos 190.000 euros e ós intereses correspondentes.

Os socialistas explican que tras ter coñecemento desta débeda abriron un proceso de negociación coa entidade bancaria e, ao mesmo tempo, presentaba ante o TSXG unha alegación que facía referencia á falta de xurisdiccionalidade do proceso, posto que a vía contenciosa que utilizara a entidade bancaria, a contenciosa-administrativa, non era a máis adecuada para este tipo de proceso.

Esta alegación foi aceptada pola sección segunda da sala do contencioso-administrativo do TSXG. Deste xeito, o procedemento tivo seguir a vía civil, converténdose nuncontrato mercantil de préstamo.

O banco viuse obrigado a retomar o proceso pola vía civil, o que lle permitiu aos socialistas dispor de máis tempo para negociar coa entidade para lograr unha solución viable para abonar este diñeiro.
Nos últimos meses de governo socialista a entidade bancaria e o concello estaba negociando novas condicións de pago e tiñan xa un preacordo cos representantes bancarios que quedou truncado pola moción de censura “e todos eses pagos quedaron de novo no esquecemento”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera