19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / DOLORES GARCIA, SECRETARIA DE IGUALDADE

2010

DOLORES GARCIA, SECRETARIA DE IGUALDADE DO PSDEG PSOE DE SILLEDA CALIFICA DE POSITIVA A FORMACIÓN RECIBIDA NO CURSO PARA CARGOS ELECTOS DENTRO DO II PLAN DE IGUALDADE DESEÑADO POLO GOBERNO SOCIALISTA

LAMENTA QUE O GOBERNO NON IMPULSARA A PARTICIPACIÓN, NIN SIQUERA ENTRE OS SEUS PROPIOS MEMBROS

 

17/03/2010

 

Dolores García, ven de valorar como de formación positiva os cursos enmarcados dentro do II plan de igualdade deseñado polo goberno socialista “abrir os coñecementos de igualdade ós membros da corporación foi algo que como concelleira de igualdade e servicios sociais sabía que era  necesario e por iso se incluiron estes cursos”.
Pero Dolores García lamenta que logo da moción de censura fora o novo goberno quen os tivera  que poñer en práctica, xa que nin sequera impulsou a participación nos mesmos dos membros do goberno, xa que  o primeiro día soamente había catro membros do goberno e na segunda xornada “acabaron as clases dúas persoas, Rey e Concha”
Para Dolores García esto volve a evidenciar  que “este goberno non cree na igualdade” e con actitudes como as que están a desenvolver nestes últimos cinco meses “imos perder todo o avanzado nesta materia nos dous últimos anos”
Dolores García recorda ademais que cando se votou o II plan de igualdade do que forman parte estes cursos, “Roucho entón portavoz da oposición riuse no pleno dos cursos, dicindo que a ver a quen ser lle ocorrera esa idea, e a actual concelleira de servicios sociais ríase ó seu lado”. Por iso nunca quixeron tomarse estes cursos en serio, mas aló do que lle pode reportar “ por saír na foto”

Para a responsable socialista de igualdade o feito de que se fixera desaparecer a Concellería de Igualdade, foi o “inicio da desaparición e políticas para mulleres neste concello “. Remata a edil dicindo que sinte vergoña como muller, por estar representada por outra muller, que non cree nos seus propios valores como mulleres, que é capaz de “sentarse nunha mesa contra a violencia de xénero e asistir a un curso de igualdade logo de rexeitar a urxencia da moción  contra a violencia de xénero”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera