21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDEG PSOE LAMENTA QUE REY PRESENTE UN

2010

O PSDEG PSOE LAMENTA QUE REY PRESENTE UN ORZAMENTO PARA A SÚA APROBACION NO PLENO CUN INFORME TÉCNICO NEGATIVO, E INCLUSO INCLUE REPAROS AS BASES DE EJECUCIÓN

OS SOCIALISTAS ANALIZARAN POLO MIÚDO UN ORZAMENTO QUE PARECE SER DESEÑADO PARA LEVAR O ABISMO ECONÓMICO O CONCELLO

 

18/03/2010

 

O PSdG-PSOE lamenta que Rey por unha simple cuestión “de tentar mellorar a súa imaxen”  pretenda aprobar un orzamento que sumirá o concello nunha situación inminente de impagos e que nin siquera é refrendado polo servicio de intervención municipal.
Intervención advirte no seu informe que con este presuposto “parece previsible” que non se den pagado os gastos corrientes, facendo mención expresa as facturas da  luz, do lixo ou de Sogama entre outros. Di tamén que o orzamento inclumple a lei (art 193 RD2/2004) xa que non presenta o superavit exixido para solventar a débeda municipal, ou que non se inclúen  as sentencias en firme como Urbaser tal e como advertiran os socialistas.
Nos ingresos aumenta un 5% el IBI de urbana,  un 10% el de características especiales, e incrementanse os ingresos do IAE, pero o más sorprendente e que a pesar de que no ano 2009 se ingresaron somentes 60.000 € en licencias de obra  este ano preveen ingresar 258.000 €. Según rey esos cartos  virán da licencia  do parque eólico do San Sebastián “un proceso xudicial iniciado polos socialistas e que a día de hoxe non está resolto” polo que intervención  di claramente “que non é prudente incluíla” e aínda así o fan.
Outro dato que tamén sorprende no informe de intervención e que se inclúen 300.000 € de ingresos polo lixo por que “esperan” recaudar dous exercicios neste ano.
O informe de intervención presenta ademáis un reparo a base 26, xa que no orzamento do ano 2007  os dereitos pendentes de cobro que tiveran mais de 4 anos de antigüedade había que imputalos como de imposible cobro e agora din que sólo é necesario imputar el 50 % de esas cantidades  .Intervención di claramente  que esta modificación non ”é prudente” xa que vai a dar unha imaxen de deuda irreal o considerar que  nunha debeda de máis de catro anos o seu cobro e prácticamente imposible
Intervención  cambia o seu criterio  con respecto os anos de governo socialista nos que os seus informe sempre decían que había que SEGUIR traballando  con políticas de contención para aseverar ahora que o concello deberá “realizar unha política de contención” como se xa non existira.
Para os socialistas este documento é a “cuadratura do círculo”,  un documento que vai levar o concello a deixar sen pagar servicios, obras e salarios sen esquecer que vaise incrementar de novo a débeda dos caixons por que se van a producir impagos, e no que no anexo de investimentos so se inclúe a aportación municipal as obras do  PPC (36.283,25 €), a obra de Cervaña que vai a pagar o 100% a xunta e o renting do coche da alcaldesa.
Os socialistas recordan que os servicios de intervención sempre recomendaron  continuar co orzamento prorrogado para seguir rebaixando a débeda municipal, por que co orzamnto do 2007 sempre ían a existir  mais ingresos que gastos e permite ter  a  posibilidade sempre de ir sobre seguro podendo aumentalo a mediados de ano con suplementos de crédito cando xa se teña claro cantos cartos vai a ingresar de verdade.
Os socialistas analizarán  agora polo miúdo o documento comparándolo cos orzamentos en vigor aínda que xa saben  que  vai ser unha mala comparación porque se o que fan e inflar os ingresos para poder ter mais gasto o que van é a destrozar o remanente de tesourería e se o que fixeron foi reducir gastos, moitas das facturas do concello  acabarán de novo nos caixóns. “sexa como sexa este documento é unha mala nova para os silledenses e unha volta atrás  nas políticas económicas”
No segundo punto da convocatoria, volve a aparecer un recoñecemento de deuda de 246.789,96 € correspondentes ás  facturas que non foron capaces de  abonar no ano 2009, que sumados os 282.000 € que aprobaron en xaneiro, suman unha debeda de 500.000 € xenerada por unha desastrosa xestión económica e os despropósito levados a cabo a nivel economico, o decir a todo que si, sen importar se había ou non cartos no orzamento, para  lavar a súa imaxen  “a diferencia do que facían os socialistas que no 2008 deixaron todo abonado, se nos houberan deixado rematar o ano de seguro todo estaría pagado”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera