21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DENUNCIA QU

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DENUNCIA QUE REY SIGUE A OCULTAR INFORMACION ÓS GRUPOS DA OPOSICION

OS SOCIALISTAS PIDEN O ACCESO ÓS PROXECTOS DO PLAN ANTICRISE E DO PLAN E, OU ÓS NOVOS CONTRATOS E SE LLES NEGA

 

O grupo municipal socialista, denuncia que logo da súa queixa de onte nas comisións informativas para ter acceso á documentación dentro dos cinco días sinalados por lei, a alcaldesa limitouse a remitirlles unha carta (con fecha de saída de onte mesmo) na que di recompilarán a documentación solicitada e que cando a teñan a farán chegar.
Para os socialistas esta e unha demostración máis, de que non teñen intención algunha de entregarnos a documentación solicitada, para así non permitirnos facer en condicións a nosa labor como oposición.
Os socialistas recordan que teñen pedido dende o mes de novembro o acceso ós contratos dos mozos que estaban a traballar no punto limpo, ou da persoa que estaba cubrindo as fins de semana no centro social, e que aínda hoxe non tiveron acceso a ningún deses contratos.
Os socialistas recordan que antes do remate do ano pasado solicitáronlle os proxectos do plan anticrise da deputación, xa que un deles, que foi redactado polo goberno actual, nunca foi mostrado a ningún membro da oposición e que a día de hoxe xa está  contratado pola deputación de Pontevedra, “é dicir teñen acceso a el as constructoras pero non a oposición”
Os socialistas tamén solicitaron o acceso ó proxecto modificado da rúa agro do balo para o que tampouco obtiveron acceso “van ás obras con eles na man, pero logo din que os teñen que recompilar, esto é unha vergoña”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera