28 de maio de 2020

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 25-03-2010 / PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

PLENO 25-03-2010

PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA NO PLENO DO 25/03/2010.

30/03/2010

 

1.- Queremos saber porqué, tanto no centro social de Grava coma no de Cira, logo de facerse unhas obras de mellora a través dunha subvención concedida pola deputación de Pontevedra á asociación de veciños das parroquias de Cira e Grava, aparecen colocados carteis de obra nos que figuran a asociación de veciños, o concello e a  deputación, pero sorprendentemente tamén aparece como EMPRESA COLABORADORA: Establecimientos Xanadú.

 

En qué colabora esta empresa para a realización destas obras?
Aporta esta empresa algunha cantidade económica ás obras?
Se é así, en que cuantía?
Se do contrario esta empresa só é a adxudicataria delas mesmas, porque aparece como empresa colaboradora?

 

2.-Á vista de que despois da nosa denuncia para que vostedes continuasen coa recollida de plásticos agrícolas, que se viña facendo nos últimos anos, parece ser que xa van facela dun xeito case inmediato, e tócanos preguntarlles se teñen pensado facer a recollida de enseres tamén porta a porta, de xeito semestral e gratuíto,  tal e como se viña facendo nos dous últimos anos.

 

3.- Fixo vostede algunha xestión diante da Xunta de Galicia para que se habiliten cartos para rematar a obra da ampliación da Casa de Cultura de Bandeira?

 

4.- O outro día viamos xa con resignación que a Xunta de Galica non ten pensado construír un albergue de peregrinos no noso Concello, e que no canto ía habilitar o pavillón da Bandeira e o centro do María Inmaculada como albergues provisionais.
Queremos saber con que datas se vai facer esta habilitación xa que nos consta que a día de hoxe os grupos de peregrinos aínda non poden utilizar o pavillón da Bandeira.

 

5.- Nun dos primeiros plenos preguntámoslle se fixera algunha xestión diante do Conselleiro da Presidencia para poder solventar a débeda entre a  fundación Semana Verde de Galicia e Concello de Silleda, sen que ata o momento teñamos ningún tipo de resposta.

 

6.- Queremos saber, á vista de que as negociacións coa concesionaria da auga semellan paralizadas ou inexistentes, se existe algún avance ó respecto, cantas veces se xuntou coa concesionaria dende que ocupa a alcaldía, e se ten pensado iniciar algún tipo de acción o respecto.

 

7.- Queremos saber como están as negociación coa débeda do BSCH, e que dunha vez por todas sirva esta pregunta para volver reclamar unha documentación que vostedes nos negan.

 

8.- Á vista de que existe un procedemento aberto por unha débeda contraída coa empresa Sumincons, no que se condenaba ó concello a abonar case 90.000 €, e sobre o que se presentara un recurso, queremos saber como se atopa este procedemento xudicial.

 

9.- Queremos saber porqué a estas alturas aínda non se  fixo a implantación do sistema de reciclaxe de aceites usados de uso doméstico. Recordámoslle que se acordou por acordo plenario a súa posta en marcha, e que días despois da primeira denuncia dos socialistas, a deputación enviou un comunicado dicindo que a súa implantación sería inmediata.

 

10.- Queremos saber porqué os farois das beirarrúas da Mera non teñen corrente eléctrica. O ministerio ten as obras rematadas, e feita a consulta di que é o concello o que ten que poñer en marcha a instalación eléctrica. Uns días antes da moción de censura o técnico electricista municipal fixera as xestións oportunas ante a concesionaria da luz, sorprendentemente cinco meses despois seguimos a escuras.
11.- Con data 7 de febreiro solicitamos que se nos informara se a petición do anterior goberno, para incluír os parques eólicos, o de Masgalán- Campo de Coco, con 75 aeroxeradores situados en terreos do Concello de Silleda, e o situado en Couto de S. Sebastián, con 9 aeroxeradores en funcionamento, como BICES no catastro é efectiva dende o 1 de Xaneiro tal e como se solicitara á Xerencia territorial no pasado mes de Marzo. Parece ser que si, porque o inclúen no orzamento. Queremos que se nos explique con claridade a cantidade que figura no mesmo, e a que parques corresponde.
12.- Se á vista do documento económico aprobado hoxe a nosa supervivenda depende do cobro do icio do monte de San Sebastián, e sabendo que no concello existe un informe técnico e outro da policía local no que se demostra que mentres o proceso está no xulgado, os muíños seguen a render beneficios para a empresa, pregúntolle, por qué non paraliza esa actividade ilegal?.
13.- Queremos saber se fixo algunha xestión entorno á problemática das liñas continuas da PO205 e á creación dunha rotonda de xiro no limite co concello de vila de cruces.
14.- Queremos saber como está o expediente de cesión dos centros de saúde ó Sergas.
15.- Pregunta feita a través das Xuventudes Socialistas: se a muller que contrataron para o auditorio ten horario de 16:00 a 20:00, quen vai a atender o centro dende as 20:00 ata as 23:00 h que se acaban as actividades?
16.- O concelleiro de Medio Rural prometeulles ós afectados pola TDT unha subvención para axudar a pagar as antenas parabólicas. A canto ascende esa subvención? De que partida se vai a sacar?
17.- Queremos saber se é certo, tal e como afirman os veciños de Grava, que vostede asistiu a unha xuntanza o 1 de xaneiro á taberna de Grava  co presidente do PP de Pontevedra, o Sr Louzan , cena da que saíu elixido Secretario de Organización do PP de Silleda Toño Toxa, no coche oficial do Concello, e se vostede sabe que ese coche non é de uso persoal, e que o gasoil que utiliza o pagamos todos os silledenses . Sabe vostede que eso é un delito?

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera