Son moitos os logros acadados nos últimos anos en materia de igualdade tanto a nivel
estatal como autonómico, nomeadamente en materia lexislativa. Nembargantes, son moitas as
actuacións que restan por implementar, pois unicamente lexislando non se pode acadar a
igualdade real entre mulleres e homes.
E moito o que queda por facer e moitos os mandatos legais autonómicos pendentes de
cumprirse e desenrolarse. O actual goberno da Xunta de Galicia atópase nunha situación de
parálise xeneralizada e, en particular, no que atinxe á igualdade.
Pero, neste caso, non só estamos falando de inacción, de desidia e de falta de interese nas
políticas de igualdade por parte do goberno da Xunta de Galicia, se non da aniquilación dun
organismo consolidado na realización de políticas de igualdade, o Servizo Galego de Promoción da
Igualdade do home e da muller.
O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do home e da muller creouse no ano 91 a
través da aprobación da Lei 3/1991 de 14 de xaneiro.
O obxectivo que marcaba a Lei 3/1991 de creación do Servicio Galego de Promoción da
Igualdade do Home e da Muller era e é o de promover a igualdade de dereitos e a non
discriminación entre homes e mulleres, a participación e integración das mulleres na vida social,
cultural, económica e política de Galicia. A promoción da igualdade nun ámbito familiar, laboral e
político.
Para o vindeiro ano celebraríase o 20 aniversario da posta en marcha dun organismo
autónomo na actualidade adscrito á Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de
Galicia segundo establece o Decreto 325/2009 do 18 de xuño. Este organismo conta ademais con
outro órgano superior integrado por representantes de todas as Consellerías do Goberno de Galicia
xunto con cinco persoas de relevante prestixio no eido das ciencias sociais, económicas e xurídicas
designadas polo Consello da Xunta. Entre as funcións do Consello do SGI atópase a de coordinar a
actividade das distintas Consellerías dirixida a consecución dos obxectivos do SGI.
Un órgano que, ata o de agora, ningunha forza política cuestionaba. Pero vimos de
atoparnos con que na páxina