8 de decembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 25-03-2010 / MOCIÓN PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA DA TDT

PLENO 25-03-2010

MOCIÓN PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA DA TDT EN VARIAS PARROQUIAS, PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA. FOI REXEITADA, XA QUE NON VOTARON NIN SEQUEREA A URXENCIA E POLO TANTO NON ENTRARON A DEBATELA.

30/03/2010

 

AO PLENO DO CONCELLO DE SILLEDA

Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda,

presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do

concello a seguinte

MOCIÓN:

Son moitas as queixas veciñais que ó longo destes meses ó noso grupo político

ven recibindo sobre o pésimo funcionamento da TDT nalgunhas das parroquias do noso

Concello.

Despois de ver nos medios de comunicación que a Sra. Alcaldesa se reuníu con

técnicos da xunta e que estos sólo aportaron a solución de que todos os afectados tiñan

que comprar unha antena parabólica para recibir o sinal via satélite para cada casa e así

xa solucionarían o problema, co conseguinte coste para os veciños que según nos

informan poderían chegar a superar os 400 €

Visto ademáis que esta solución xenera ademais outros gastos como a compra de

aparello electrónico que permitan cambiar de canle independentemente en cada

televisión no caso de que existan varias na misma vivenda

Visto que en algunha de estas zonas se podía solventar a problemática coa

instalación dun encheocos o cal podería ser financiado integramente pola Xunta de

Galicia, de xeito que se evitara gastos para os veciños.

Visto que é deber de este concello velar por que todos os seus cidadáns teñan os

mesmos dereitos garantidos vivan onde vivan.

Por todo elo, presentamos a seguinte moción para o seu debate no pleno

Instamos a Xunta de Galicia a que analice a posibilidade de instalar os encheocos que

sexan necesarios para garantir unha cobertura igualitaria para todos os veciños do noso

concello

Instar a Xunta de Galicia que de proseguir coa súa idea de instalar en cada vivienda

unha antena parabólica se faga con cargo dos gastos do veciños

Instar a Sra Alcaldesa, se a Xunta de Galicia no atenda a nosas peticións sexa o

Concello o que se gfaga cargo de estos gastos con fondos propios ou ben solicitando

axudas a outras institucións.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera