8 de decembro de 2021

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / PLENOS / PLENO 25-03-2010 / MOCIÓN PARA QUE SE CONTINÚE CO PROCESO D

PLENO 25-03-2010

MOCIÓN PARA QUE SE CONTINÚE CO PROCESO DE HUMANIZACIÓN DAS RÚAS DE SILLEDA E BANDEIRA, PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA. FOI REXEITADA, XA QUE NON VOTARON NIN SEQUEREA A URXENCIA E POLO TANTO NON ENTRARON A DEBATELA.

30/03/2010

 

AO PLENO DO CONCELLO DE SILLEDA

Paula Fernández Pena, voceira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Silleda,

presenta para o seu estudio, debate e aprobación, se procede, por parte do Pleno do

concello a seguinte

MOCIÓN:

No ano 2009, o Concello de Silleda asinou coa Consellería de Vivenda e Solo, e gracias

a labor da Asociación de veciños Olaia asinou un acordo que permitiu o arranxo da rúa

Dos castros de Toiriz (antiga Rúa G), da Praza Mestre Mateo(antigamente fin ada rúa

Moron) e a Praza Benito Rivas, cun importe total de 120.000 €.

A Xunta de Galicia comprometerase ademáis a aportar outros 120.000 € para esta

anualidade 2010 para executar obras para mellorar o entorno urban dentro do plan de

humanizacion das vilas de Silleda e Bandeira, dando así resposta con estas obras a

resolución dos aspectos estructurais e funcionais das zonas próximas as vivendas

promovidas pola Xunta de Galicia

Entre as zonas que son necesarias aranxar, temos a contorna das vivendas de Protección

Oficial do Concello de Silleda, promovidas na década dos 90 polo IGVS, e en concreto

o arranxo da Rúa Campo de Arriba (antiga rua E) e a rúa Maceira Boa da Bandeira na

contorna nas vivendas de protección oficial, máis coñecido como o edificio do parchis

Por todo elo, presentamos a seguinte moción para o seu debate no pleno

Instar a Xunta de Galicia a que se continúe co proceso de humanizacion das vilas de

Silleda e Bandeira, co arranxo de mais rúas para dotalas de espazos amplos para disfrute

dos cidadáns mantendo o compromiso que existía entre concello, a asociación Olaia e a

anterior conselleria de vivenda e solo para dotar economicamente o concello para o

arranxo das contarnas das vivendas de protección oficial.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera