21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG PSOE LAMENTA QUE NUNHA FIN DE SEM

2010

O PSDG PSOE LAMENTA QUE NUNHA FIN DE SEMANA CON MILES DE OPOSITORES NON SE REFORZARA O SERVIZO DE LIMPEZA E DE RECOLLIDA DE LIXO.

DENUNCIAN QUE TODA A FIN DE SEMANA AS PAPELEIRAS E OS CONTEDORES ESTIVERON SOBORDANDO LIXO

 

30/03/2010

 

O PSdG-PSOE, a través do seu Secretario de Medioambiente, Luis Rodriguez,  denuncia que na pasada fin de semana, na que acudiron miles de persoas a opositar a Silleda, e no que as rúas estaban por momentos abarrotadas de xente, o concello non reforzara o servizo de recollida de lixo e limpeza de rúas . "É lamentable ver aos visitantes paseando entre papeleiras e contedores a tope de lixo".
O responsable socialista, fai especial fincapé na situación de abandono que  tiñan os parques da localidade, o que considera un deixamento das funcións municipais, xa que estaban sucios e coas papeleiras totalmente cheas de xeito que o domingo era practicamente imposible o seu uso.
Por iso Luis Rodriguez, demanda do goberno que estableza días de prioridade e reforzo  nos traballos, para garantir dúas cousas, por unha parte dar unha imaxe adecuada de cara ós visitantes, e por outra que ó día seguinte os cidadáns silledenses poidan disfrutar tamén dunhas rúas limpas
Lamenta ademais, que outra vez os opositores e os seus familiares non reciban unha adecuada información das posibilidades que ten o noso concello a nivel de hostalería, comercio e turismo, unha promoción que xa está demostrado que reverte economicamente nos silledenses.

O Secretario de medioambiente, reclama dilixencia ás autoridades municipais e espera que grazas a esta advertencia "sexa a última vez que se desaproveiten estas oportunidades e que deixemos de dar  unha imaxe de concello de segunda"

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera