19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG-PSOE DE SILLEDA ESÍXELLE Á ALCALD

2010

O PSDG-PSOE DE SILLEDA ESÍXELLE Á ALCALDESA QUE INICIEN CONVERSACIÓNS CON SOGAMA PARA SOLVENTAR A SÚA INCLUSIÓN DE SILLEDA NO GRUPO A DE CONCELLOS MOROSOS DA ENTIDADE

31 de marzo de 2010.- Á vista das declaracións que saíron nos medios de comunicación nas que Sogama advertía que incluíra ao Concello de Silleda dentro do “grupo A dos morosos”, xa que, tal e como salientaba o xerente da entidade, o cobro das cantidades adebedadas por este  concello era prioritario para a saúde financeira da entidade, os socialistas silledenses alertan á alcaldesa para que se poña en contacto inmediato coa entidade para tentar chegar a un acordo, xa que co que coa “trapallada de orzamento aprobado” non lle van chegar os cartos nin para pagar as cotas mensuais de recollida “e moito menos para pagar cotas do convenio como lle vai a esixir Sogama", 

Para os socialistas se a entidade cumpre co que dixo nos medios de comunicación e lle esixe a Silleda o pago inmediato das débedas contraídas, o concello vai ter serios problemas, polo que lle pide á alcaldesa "que mova ficha inmediatamente e que se poña a negociar antes de que sexa tarde, unha forma de pago que non asfixie os intereses silledenses”.
 
Os socialistas recordan que, ademais de pagar cotas mensuais da recollida e tratamento o goberno está obrigado a pagar unha cuota mensual do convenio e os seus xuros con Sogama polos atrasos nos pagamentos, e que esas cantidades non se recolleron no orzamento. Recordan ademais que existe xa unha sentenza en firme condenatoria contra o concello de Silleda por 80.000 €, que estaba a incluída nas cantidades do convenio, “unha sentenza, que ante as declaracións do Xerente de Sogama, colocan o concello nunha terrible situación , xa que a empresa aínda que o concello se negue a pagar por falla de crédito, pode esixir a súa execución xudicial”
Sobre a sentenza condenatoria, recordar que na última xuntanza dos socialistas co xerente de Sogama, este accedera a non esixir o pagamento da sentenza condenatoria mentres se lle foran facendo pagos da mesma"como se foran prazos do convenio, cousa que se fixo", pero agora tal e como está a situación económica financeira da entidade non saben se van a manter ese compromiso.

Os socialistas xa advertiron no pleno, antes da aprobación do orzamento, de que no mesmo non se incluían cantidades para pagar as cotas do convenio nin as sentenzas e que soamente se contemplaban 262.000 € para a recollida e o tratamento do lixo, cando o custo anual ascende aproximadamente a 350.000 €, cantidade que se incrementa ata os 506.000 € no caso de pagar os convenios asinados polo goberno de Roucho.”aínda así o goberno decidiu aprobalo exactamente igual”
 
Os socialistas alertan que ademais de que ademais de que  a cantidade orzamentada sexa a todas luces insuficiente, incluíron no expediente extraxudicial de crédito 45.000 €  correspondentes a mensualidades do 2009 o que vai, ademais, reducir o crédito do 2.010.. Os socialistas advirten que nesta situación“este ano o concello vai deixar de pagar non so o convenio senón moitas cuotas de recollida normal “o que vai a poñer en perigo que se nos manteña o servizo”
 
Os socialistas recordan que tal e como dixeron no pleno se o concello non abona cuotas do convenio, os cartos consignados no orzamento chegaran para pagar o lixo ata o mes de Xulio, pero estarían incumprindo o pactado por eles mesmos coa entidade Sogama.
Se lles esixen o pagamento das cuotas, tal e como dixo nos medios o xerente, o concello quedará sen dispoñibilidade orzamentaria para facerlle fronte ós pagos mensuais a partir do mes que ven.
Para os socialistas esta é a demostración clara da ineficacia dun goberno que non sabe por onde anda e que está sometendo as arcas municipais, cunha política económica nefasta a uns esforzos que son inasumibles, o que nos volverá levar “á práctica dos caixóns de impagos”
Os socialistas recordan que a día de hoxe o concello non ten abonado ningunha mensualidade nin de recollida de lixo nin de tratamento correspondentes o ano 2.010

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera