21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE DENUNCIA O MAL ESTADO DA PIS

2010

O PSdG-PSOE DENUNCIA O MAL ESTADO DA PISTA ARRANXADA POLO GOBERNO EN REFOXOS.

08/04/2010

 

O secretario de Medio Rural  do PSdG-PSOE de Silleda, Adolfo Dapena denuncia que a pista  de Refoxos que foi “arranxada” polo goberno despois dos danos sufridos polo último temporal, atópase xa nun estado lamentable, e que semella que  as  reparacións, foron feitas para saír do paso “xa que o camiño ten agora peores condicións que antes dos arranxos.”

Para Dapena é lamentable o estado no que se atopa a pista e non entende que cos 15.000 euros que dixo o Concelleiro de Obras do Concello, Javier Presas, que supostamente se destinaron a esta reparación non se puidera facer un mellor traballo, e por iso insta ó Concello a retomar as obras na zona e a arranxar dun xeito axeitado a pista, “xa que con ese presuposto os veciños de Refoxos deberían ter unha pista en perfecto estado, e non é así”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera