19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE ESÍXELLE Ó GOBERNO A POSTA E

2010

O PSdG-PSOE ESÍXELLE Ó GOBERNO A POSTA EN MARCHA DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE ENSERES

08/04/2010

 

Luís Rodríguez, Secretario de Medio Ambiente do PSdG-PSOE de Silleda, ven de solicitar ó concello de Silleda que poña en marcha o servicio de recollida de ENSERES E VOLUMINOSOS porta a porta, como viña facendo o goberno socialista, dun xeito gratuíto para os cidadáns.

Esta recollida facíase dúas veces o ano, e xa o ano pasado a segunda recollida que tiña que terse feito no mes de outubro non se fixo pola moción de censura “e o novo goberno, logo,  esqueceuno”. Por iso o responsable socialista recórdalle a necesidade de levala a cabo para evitar vertidos incontrolados “e ademais porque estano a demandar os veciños”.

O pasado10 de marzo, Luís Rodríguez esixíalle ó executivo local a posta en marcha do servizo de recollida de plásticos agrícolas. Esta foi unha iniciativa do anterior goberno socialista obténdose moi bos resultados xa que se logrou evitar o 100% dos vertidos incontrolados deste material, ademais de ofrecerlle ós cidadáns un servizo gratuíto que facilita a súa labor.

Paradóxicamente, trala  denuncia do Secretario do Medio Ambiente do PSdG-PSOE, o goberno iniciou a  recollida dos plásticos. Luis Rodríguez  di sentirse satisfeito coa labor dos socialistas e que seguirá recordándolle o goberno “cales son os seus deberes e  as súas obrigas cos silledenses”.

Por iso espera que agora fagan tamén efectiva a recollida de enseres, aínda que tamén asevera que logo de medio ano no concello “sería recomendable que este goberno empezara a pensar por si so, sen esperar para facer algo polas propostas socialistas”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera