21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG-PSOE DENUNCIA QUE O CONCELLO OUTO

2010

O PSDG-PSOE DENUNCIA QUE O CONCELLO OUTORGOU ATA TRES LICENZAS DE XEITO IRREGULAR

CORRESPONDEN A TRES LICENZAS DE CAMBIO DE TITULARIDADE OUTORGADAS A UNHA EMPRESA VINCULADA FAMILIARMENTE COA ALCALDESA.

 

09/04/2010

 

.- O PSdG-PSOE de Silleda ven de denunciar que na Xunta de goberno local de data 1 de marzo de 2010 o goberno outorgou ata tres cambios de titularidade a outras tantas explotacións do mesmo propietario, vinculado familiarmente coa alcaldesa, sen que tiveran licencia de actividade previa, “o que supón unha evidente irregularidade e un trato discriminatorio para o resto dos veciños na mesma situación””.
Na acta da Xunta de Goberno Local,  dáse conta de tres solicitudes de cambio de titularidade nas que á  única referencia que se fai sobre a existencia de licencia previa é que o propietario aporta  (textual de la xgl)“ cadro de licencia municipal de apertura de establecemento”, en referencia a un documento enmarcado que di que a licencia foi outorgada por decreto no 1.996. sen que dende o goberno se faga a oportuna comprobación da existencia efectiva da mesma ou se estas explotacións foron legalizadas posteriormente o abeiro da disposición transitoria décimo primeira da Lei 9/2002.
Se a licencia fora efectivamente outorgada no ano 1.996, esta  non podería ter sido concedida por decreto xa que o ser unha explotación gandeira, tiña que ter autorización autonómica, e se houbera sido legalizada o abeiro da disposición transitoria decimo primeira tería que darse conta de elo na acta da Xunta de Goberno local. A visto de esto os concelleiros do grupo municipal fixeron a consulta no concello, onde se lles indicou que, como supoñían,  non se atopou ningunha documentación que avalase a existencia do expediente administrativo de  outorgamento de licencia o autorización autonómica, de ditas explotacións
Os socialistas recordan que xa alertaran que, durante os mandatos de Juan Salgueiro e Roucho, os veciños tiñan que pagar por adiantado as licencias, polo que se lle entregaba unha carta de pago, ou incluso un documento de licencia sen firmas autorizadas para que se colocara enmarcado á vista na actividade. Pero as licenzas non chegaban nunca a outorgarse polo concello e moito menos a  tramitarse en instancias superiores da Xunta de Galicia.

Pero lamentablemente e a pesar de que son moitas as actividades que se atopan nesta situación irregular, a alcaldesa, atopou unha maneira de amañalo, eso si,  “soamente para os seus” xa que ó concedérselle o cambio de titularidade está admitindo como válida unha licenza que non existe e grazas a iso, a súa familia “queda eximida de tramitar ante a Xunta de Galicia a súa explotación”, mentres que ó resto dos cidadáns que están na mesma situación  “tiveron e teñen que facelo”.
Esta desigualdade queda, lamentablemente recollida, na mesma acta na que hai dúas licenzas máis de explotacións que si son remitidas á delegación provincial da Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructura  “nun claro caso de tratamento desigual para os veciños”
Para os socialistas é lamentable ademais, que a alcaldesa se abstivera na votación, amparándose en que o titular das explotacións era membro da súa familia e  deixando a responsabilidade no resto dos membros da Xunta de Goberno: Presas, Lojo, Vidueiros e Vázquez  Granja. o que demostra a “súa baixeza tanto moral como política para  deixar que sexan os seus compañeiros os que voten  un feito irregular mentres ela se exime do mesmo”
Os socialistas pediranlle explicacións por escrito ó Alcalde en funcións, Javier Presas, sobre a tramitación deste cambio de titularidade que “esconde un outorgamento de licencia irregular”, para que aclare:

1.-Que condición de excepción cumprían estas explotacións para ser legalizadas sen ningún tipo de cortapisas,
2.-Porque razón os membros da xunta de Goberno local coa excepción da alcaldesa votaron a favor  “dunha concesión irregular de licencias
3.- Se existen informes xurídicos e técnicos que avalen este cambio de titularidade.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera