21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / ADOLFO DAPENA, SECRETARIO DE MEDIO RURAL

2010

ADOLFO DAPENA, SECRETARIO DE MEDIO RURAL DO PSdG-PSOE, ESÍXELLE Ó CONCELLO APOIO ECONÓMICO ÓS VECIÑOS QUE NON DISPOÑEN DE TDT.

12/04/2010

 

Adolfo Dapena, Secretario de Medio Rural do PSdG-PSOE de Silleda, denuncia que os veciños, ós que aínda non se lles solventou o problema da cobertura da TDT, van ter que aboar 400 euros por instalar unha antena parabólica para recibir o sinal vía satélite, e uns 190 euros por televisor para poder ver en cada un unha canle diferente; e que o Concello, da mesma forma que o fan outras entidades locales da contorna, “tiña que ofrecerlle a súa axuda económica”, xa que por vivir nunha zona de sombra non teñen porqué ver minguados os seus dereitos con respecto a outros veciños do Concello.

O responsable socialista lamenta que o concelleiro de Medio Rural se comprometera, xa fai un mes, a buscar unha solución para evitar estes gastos e que incluso dixera que ían colaborar economicamente para a instalacións destes aparellos, e a día de hoxe non se saiba “nin canto, nin cando, e mentres os veciños seguen a agardar sen televisión”.

Dapena non entende que aínda por riba votaran en contra dunha moción presentada, no último pleno, polo PSdG-PSOE na que se instaba á Xunta de Galicia a que analizara a posibilidade de instalar os encheocos que sexan necesarios para garantir unha cobertura igualitaria para todos os veciños do noso concello, antes de solventalo cunha antenas parabólicas e que en todo caso, se considerasen que esta é a mellor solución que sexa a administración a que se faga cargo dos gastos dos veciños.

Dapena recorda que tamén na moción os socialistas instaban a que  se a Xunta de Galicia non atende as peticións sexa o Concello o que se faga cargo destes gastos con fondos propios ou ben solicitando axudas a outras institucións.

Para o responsable socialista, esta deixadez manifesta do goberno o único que fai “é provocar que os veciños non teñan nin sequera acceso a servizos básicos, é intolerable”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera