21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE, DENUNCIA QUE O CONCELLO EST

2010

O PSdG-PSOE, DENUNCIA QUE O CONCELLO ESTÁ A INCUMPRIR A RECOLLIDA DOS PLÁSTICOS DE SILO

13/04/2010

 

.- Luis Rodríguez, Secretario de Medioambiente do PSdeG PSOE de Silleda, ven de denunciar que o Concello está a incumprir o calendario de recollida dos Silos Agrícolas, logo de telo anunciado a través de trípticos informativos repartidos por todo o Concello.

O responsable socialista indica que nas  parroquias de Escuadro, Rellas, Margaride, Grava, Fiestras e Xestoso nos que a recollida estaba prevista entre os días 5 e 9 deste mes, “non se iniciaron os traballos e os plásticos están acumulados nas beiras das pistas esperando por un servicio municipal, que logo de tantas promesas  non chega”

O socialista  indica que nin sequera avisaron ós veciños de que non se ía recoller no calendario previsto, mentres que os veciños si cumpriron coa súa obriga de colocar os plásticos para a súa recollida. “De novo os cidadáns cumpren, mentres o goberno sigue a deixalos abandonados ó incumprir reiteradamente as súas promesas “

O responsable de Medio Ambiente esíxelle ó goberno unha explicación pública de como teñen pensando solventar este retraso, e qué razóns houbo para incumprir cos veciños “esperando que, por unha vez, conten unha verdade”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera