12 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG PSOE SOLICITA INFORMACIÓN Ó GOBE

2010

O PSDG PSOE SOLICITA INFORMACIÓN Ó GOBERNO DE CÓMO ESTÁN OS TRÁMITES ANTE A CONSELLERÍA DE CULTURA DE VARIOS PROXECTOS

SOLICITAN INFORMACIÓN SOBRE SE O GOBERNO FIXO ALGUNHA XESTIÓN SOBRE A AMPLIACIÓN DA CASA DE CULTURA DE BANDEIRA.

 

14/04/2010

 

.- Maica Caramés, Secretaria de Cultura do PSdG PSOE de Silleda solicita que o alcalde en funcións, Javier Presas, explique que xestións está facendo o goberno  para conquerir varias obras relacionadas co ámbito cultural  silledense solicitadas á Xunta e que, ou ben foron rexeitadas, ou aínda non tiveron resposta.
Maica Caramés indica que transcorridos varios meses da xuntanza de  Ofelia Rey, co Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela Fariña, para presentarlle diversos proxectos do Concello trasdezano relacionados con este departamento autonómico, soamente se sabe algo dos que foron rexeitados, “e por non saber, nin sequera se sabe  por qué o Conselleiro non veu a Silleda, tal e como tiña comprometido, o día 29 do mes pasado”
Recorda que entre outras obras, a alcaldesa solicitáralle a construcción dun albergue para peregrinos “que xa está totalmente descartado”, polo que a responsable socialista di ter certeza de que o resto dos compromisos non se alcanzarán este ano “se o goberno non fai o seu traballo de insistir para a súa consecución”.
Maica Caramés lamenta que as peticións do executivo soamente sirvan para dar unha imaxe da alcaldesa reunida cun conselleiro “porque nada máis se conseguiu”, en clara referencia ó resto das peticións.
A socialista vai mais aló dicindo que no listado das peticións feitas ó conselleiro estaban a continuación das obras de mellora no Mosteiro de Carboeiro, unha petición que non ten sentido, xa que o mosteiro está sendo restaurando seguindo un plan director deseñado pola Consellería de Cultura, e que é este organismo o que xa ten o compromiso para a súa adecuación, e que a petición da alcaldesa non é mais que un paripé para “que pareza que foi ela quen o xestionou”. De feito a responsable socialista recorda que tanto durante o goberno do PP como do Bipartito a Xunta fixo obras no mosteiro seguindo dito plan director e os seus tempos.
Eso si, lamenta a socialista,  que a alcaldesa esquecera obras para as que si precisa axuda e cartos da Consellería como é o remate da ampliación do centro Vista Alegre “e que lamentablemente esqueceu no seu listado de peticións”,a pesares de ser un centro que tiña que ter sido acabado no 2009 “e que aínda está sen rematar por falla de compromiso da Xunta de Galicia” a pesar de que son moitísimos os Bandeirenses que usan dito centro “o de maior actividade cultural do Concello”. 
Maica Caramés indica que, “alomenos non esqueceu as obras de reparación interior da Casa da Cultura de Silleda aínda que tampouco se sabe nada de elas”, unhas obras que califica de necesarias pero de un importe moi inferior o necesario para a Bandeira “e que eso nos leva a pensar que  esqueceu intencionadamente o inmoble da bandeira por que   lle sería máis fácil que lle dirán as obras de Silleda polo seu importe”
Outras das peticións que a responsable de Cultura espera que non caian no esquecemento é a mellora da Ruta da Prata, “porque estando xa a mediados de abril dun ano Xacobeo, que aínda non estea feito nada, e unha deixadez”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera