21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG - PSOE LAMENTA AS DECLARACIÓNS DO

2010

O PSDG - PSOE LAMENTA AS DECLARACIÓNS DO EDIL DO BNG SOBRE AS DÉBEDAS COA SEMANA VERDE XA QUE CON ELAS SOAMENTE ESTÁ A RATIFICAR A TESE QUE ESGRIME A XUNTA

AFIRMAN QUE O EDIL ESTÁ A MANEXAR DATOS APORTADOS POLO Sr. RUEDA SEN CUESTIONALOS. PÍDENLLE PRUDENCIA NAS SÚAS DECLARACIÓNS MENTRES NON SE RESOLVA ESTE CONFLICTO XA QUE DEIXA AO CONCELLO NUNHA SITUACIÓN INCÓMODA NAS NEGOCIACIÓNS. OS SOCIALISTAS PÍDENLLE Á CORPORACIÓN Ó COMPLETO QUE SE DEFENDA O COBRO DA CANTIDADE ÍNTEGRA.

 

16/04/2010

 

O grupo municipal socialista  pídelle ó voceiro do BNG prudencia nas súas declaracións, xa que ao ratificar as mesmas teses que  a Xunta de Galicia entorno á débeda entre Concello e Fundación o único que fai é deixar ao goberno actual nunha situación incómoda para continuar coas negociacións iniciadas polo goberno socialista.
Acláranlle ao edil nacionalista que  a información que está manexando, puido serlle efectivamente subministrada dende o departamento de intervención municipal, pero que  o que está en realidade manexando, son os datos entregados ao goberno socialista polo Sr Rueda o pasado 5 de Xuño de 2009, cando pretendía rebaixar a cantidade acordada no convenio asinado entre o Concello e a Fundación, “sen que o edil a cuestione en ningún momento”.
Lamentan que o voceiro nacionalista  acepte como  certos, os datos e  os argumentos da nova Xunta cos que pretenden evitar non facerlle fronte ao pagamento do convenio, asinado entre Concello e Fundación Semana Verde,  e cos que fan  unha reclamación económica de débeda que está prescrita e incrementada cuns intereses que triplican as cantidades iniciais.
Para os socialistas,  afirmar, como fai o edil, que as débedas do Concello coa Fundación non están prescritas debendo logo compensarse, e quedando un saldo a favor do concello de pouco mais de 200.000 € “é unha temeridade que cae polo seu propio peso”

Os socialistas explican que se estivera tan claro, como afirma o voceiro nacionalista, que as débedas non están prescritas,   “O Sr. Rueda non abriría  unha quenda de negociacións co goberno socialista silledense para debater sobre elo” ao tempo que salientan que dita prescrición  foi ratificada pola propia Directora do Recinto Feiral,   Paloma Hidalgo no convenio asinado.
Recordan os socialistas que este convenio, a través do cal o Concello cobraría 1.100.000 €,  foi aprobado polo Padroado, non foi impugnado nin pola Fundación nin pola Xunta e pode  ser executado xudicialmente en caso de non chegar a un acordo satisfactorio para as arcas municipais, pero que sempre foi vontade do goberno socialista chegar a un acordo coa Xunta antes de iniciar un novo preito que puidera someter a unha situación económica complicada á propia Fundación.  
Os socialistas insisten en que a cantidade  que se cobre da Semana Verde, tense que adicar exclusivamente ao pagamento de débeda atrasada, polo que, lograr o cobro da cantidade acordada no convenio, asinado co bipartito,  é o único xeito de que moitos provedores silledenses cobren o que se lles debe,  e de que o Concello empece a ver algo de luz na súa situación económica, por iso lamentan que o voceiro nacionalista  se posicione inequivocamente coa Xunta e “non defenda axeitadamente un cobro que nos corresponde por dereito”.
Por iso, á vista do acontecido,  reclaman sensatez e  unha posición clara fronte a Xunta de Galicia na esixencia do pagamento de todas e cada unha das cantidades adebedadas pola Semana Verde “xa vai sendo hora de que empurremos todos xuntos para que os cartos que nos corresponden cheguen ao concello dunha vez por todas, se é posible, con acordo coa Xunta, e se  non é posible,  a través do Xulgado”.

Sobre as declaracións do voceiro, sobre as  malas relacións entre Concello e Fundación, cabe recordarlle que as relación co goberno socialista foron sempre impecables e de respecto mutuo, e reseñan que  durante esa etapa o goberno decidiu non executar xudicialmente as sentencias que xa tiñan gañadas, para non asfixiar economicamente á Semana Verde, tentado chegar en todo momento, a unha solución que permitise aliviar as arcas das dúas institucións, “eso non son malas relacións, eso é actuar con compromiso coa Semana Verde”.
Sobre o cobro das cantidades por parte do Oral, é inequívoco que o pagamento é obrigado ao existir un convenio coa entidade provincial, pero tamén é certo que o goberno socialista estaba negociando, coa oficina de recadación, o pagamento sobre a cantidade efectivamente recadada e non sobre o total tal e como insinúa o voceiro, o que debería continuar facendo o novo goberno.
O cobro desta cantidade é fundamental para a supervivencia do Concello e non podemos máis que continuar na mesma liña de esixencia coa Xunta de Galicia. “Temos nas nosas mans a posibilidade de reverter estes cartos nos silledenses pagándoselle o que se debe, e saneando as contas,  por iso temos que  continuar loitando para conseguir o que consideramos xusto, todos xuntos, sen que ninguén poña mais  pedras no camiño”.
Teñen claro que calquera acordo que poida solventar a débeda municipal debería pasar polo apoio unánime de toda a corporación, por iso os socialistas seguirán traballando, e ofrécenlle o seu apoio ó goberno, para que se desbloquee definitivamente esta  negociación e lograr así que Silleda recade o que por dereito lle corresponde, “se nun momento houbo posibilidade e vontade da Xunta por abonar 1.100.000 €, temos que seguir loitando por elo, nunha mesa de negociación ou nun xulgado, sen máis”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera