12 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / MAICA CARAMÉS, LAMENTA QUE O CENTRO VIST

2010

MAICA CARAMÉS, LAMENTA QUE O CENTRO VISTA ALEGRE NON SEXA PRIORITARIO PARA O GOBERNO DE JAVIER PRESAS

CRITICA QUE SE PRIORICE A CONSTRUCCIÓN DUN NOVO CENTRO DOS MAIORES CANDO A AMPLIACIÓN DO INMOBLE DE VISTA ALEGRE XA INCLUÍA UN ESPAZO PROPIO PARA ACTIVIDADES DA TERCEIRA IDADE

 

16/04/2010

 

A responsable de Cultura do PSdeG-PSOE de Silleda, Maica Caramés afirma que “é lamentable que o alcalde, Javier Presas, diga que o centro Vista Alegre non é prioritario para Bandeira” e que as obras necesarias para a súa finalización teñan que esperar a que se fagan outras que consideran mais importantes como o Centro Social dos Maiores no Edificio do Parchís, “cando no proxecto orixinal da ampliación do centro Vista Alegre xa se incluía un espacio para uso e disfrute dos mais maiores”
 
Maica Caramés recorda que nos novos espazos da Casa de Cultura, “os maiores tiñan xa unha cafetería, espazos para bailar, ver películas, ler prensa, espazos para traballar con ordenadores e incluso unha biblioteca”, polo que este inmoble era o indicado para reactivar á terceira idade da Bandeira, “esta é a obra prioritaria” sen esquecer que este inmoble “xa ten vida propia,  e eso anima á xente a acudir con máis facilidade”.  A responsable socialista indica ademais, que no tempo, sería economicamente máis rentable para o concello xa que o centro “xa ten persoal municipal contratado para o seu control, coidado e mantemento”
Por iso, Maica Caramés, entende como ilóxico que o goberno decida arranxar uns baixos nas vivendas sociais, nos que , ademais das obras que haxa que facer tense que poñer en marcha servizos como a cafetería, contratar novo persoal de control e un novo servizo de limpeza “sen esquecer que non vai ser fácil arrancar unha actividade con tanta forza como a que existe na Casa de Cultura”  
Para a socialista, que o goberno prefira arranxar os baixos do edificio de Parchís como Centro Social para os maiores, fronte a rematar a casa de Vista Alegre, ten unha clara connotación política, de “estragar todo o que fixo o goberno anterior, tal e como fixeron coa rúa Agro do Balo” e de tentar rematar coa actividade do centro Vista Alegre, “xa que sen esa ampliación o centro está condenado a rebaixar o seu nivel de crecemento cultural”.

Maica Caramés recorda que a intención do Goberno socialista era rematar a ampliación  do centro Vista Alegre para dotalo de biblioteca, salas para cursos, despachos para as asociacións da parroquia e incluso unha sala de exposicións, ó tempo que se readaptaban as instalación para ter próximo a zona de cafetería, unha zona de xogos e de baile. Mentres que nos baixos da vivendas sociais querían acondicionar un pequeno espazo  para crear un  local municipal no que os veciños de Bandeira  e do norte do Concello, puideran realizar os tramites municipais sen necesidade de trasladarse a Silleda, “e para elo se pedira finanzación á Consellería da Presidencia, presentándose un proxecto, que co cambio de goberno quedou esquecido nalgún caixón.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera