21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdeG – PSOE SOLICÍTALLE Ó ALCALDE JAV

2010

O PSdeG – PSOE SOLICÍTALLE Ó ALCALDE JAVIER PRESAS QUE APROVEITE A MAQUINARIA DA DEPUTACION PARA ASFALTAR A PISTA PIÑEIRO –CIRA

19/04/2010

 

16 de Abril de 2010.- O Secretario de Organización, Manuel Cuiña solicítalle ó Alcalde, Javier Presas,  que aproveite a maquinaria da Deputación de Pontevedra para dotar de asfalto á vía que une as parroquias de Piñeiro e Cira, xa que o seu estado é lamentable.
Manuel Cuiña di que é unha das pistas mais transitadas do noso concello porque é a que conecta o norte do concello coa vila de Bandeira, e que e urxente unha actuación nela. Esta reclamación chega avalada polas peticións veciñais dunha solución para esta vía que ten 5 km de largo, “e é a única vía municipal que os veciños de Cira teñen para achegarse ata A Bandeira” .
O responsable socialista celebra que as máquinas da deputación estean de novo en Silleda e por iso  lle pide ó Alcalde que “as aproveite para asfaltar esta vía tan necesaria para os veciños de Cira”

Iso si, os socialistas reclámanlle mesura e rigor na utilización desta maquinaria ó Goberno, xa que “sabemos que existen moitas mais pistas que deben ser arranxadas logo dun ano de fortes choivas coma este” e por elo pedimos que “prioricen por estado de conservación, número de usuarios  e necesidade dos traballos”  .

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera