12 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdeG – PSOE ALERTA DE QUE O CONCELLO

2010

O PSdeG – PSOE ALERTA DE QUE O CONCELLO NON CONTINUOU COA TRAMITACION DAS CESIONS DOS CENTROS DE SAÚDE

SOLICITARA INFORMACIÓN AO ALCALDE PARA SABER EN QUE ESTADO SE ATOPA O ESPEDIENTE DE CESIÓN DOS CENTROS DE SAÚDE DE SILLEDA E BANDEIRA. CONSULTADA FEGAMP NON HOUBO NINGUNHA VARIACIÓN NO EXPEDIENTE DENDE A MOCIÓN DE CENSURA

 

22/04/2010

 

22 de Abril de 2010.- Dolores García, Secretaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do PSdeG-PSOE de Silleda solicitará información por escrito o Alcalde Javier Presas para coñecer que xestións fixo o goberno para finalizar a  cesión dos centros de saúde de Silleda e Bandeira ante a  Consellería de Sanidade.
Os socialistas lamenta que o goberno non fixera nada por rematar o proceso de cesión dos inmoble que van a supor un importante aforro económico para as arcas municipais  “semella que descoñecen o significado da palabra aforro”.
Recorda que xa no pleno pasado, os socialistas, interpelaran a Concelleira de Servizos Sociais e Sanidade Concha Vázquez sobre esta cuestión e que non recibiron resposta. Naquel momento os socialistas cuestionaban que no orzamento aprobado provisionalmente se eliminara dun xeito temerario o gasto corrente destinado a gasóleo nos centros de saúde polo que se non se tramita esta cesión con urxencia “este inverno haberá problemas económicos para quentar os centros”
A responsable socialista puntualiza que esta cesión suporá  “o aforro ao Concello  de corrente eléctrica, da calefacción e do persoal municipal que desenvolve tarefas de limpeza” e que non entende  porque o novo executivo non continua a tramitación iniciada polo goberno socialista en acordo plenario.
Antecedentes:
As cesións dos centros de saúde de Silleda e Bandeira acordarase en sesión plenaria e firmarase coa Conselleria de sanidade un convenio para facer efectiva esta cesión. Neste convenio a Xunta exixia que se entregaran tanto o inmobles como as parcelas que ocupan inscritos no rexistro da propiedade.
O Concello iniciou os trámites necesarios xa que existían moitos  problemas para facer o rexistro.
Na finca do  centro de Saúde de Silleda, foi necesario eliminar do rexistro da propiedad unha condición  resolutoria, xa que a  finca fora cedida por unha familia de Silleda para construír nela un centro para os maiores, ese uso que foi alterado sen facerse constar no rexistro o que tivo que ser correxido, co consentimento expreso da familia doadora.
Na parcela do centro de Bandeira foi necesaria facer unha segregación da zona ocupada polo inmoble, xa que a finca orixinal nunca fora inscrita. Esta inmatriculación tivo un proceso longo e complicado, xa que no existían referencias previas da parcela, e precisou incluso da redacción dun proxecto técnico que asinou o Arquitecto municipal.
O goberno socialista, antes da moción de censura deixara solventada xa a inscrición das fincas e a documentación para a inscrición dos inmobles resolta “pero lamentablemente este goberno semella esquecer cales son as súas obrigas e paralizou o procedemento” di Loli Garcia.

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera