19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O XULGADO DE 1º INSTACIA E INSTRUCIÓN DE

2010

O XULGADO DE 1º INSTACIA E INSTRUCIÓN DE LALIN ADMITE A TRÁMITE A QUERELA PRESENTADA POLOS SOCIALISTAS SILLEDENSES POR CALUMNIAS E INXURIAS CONTRA FERNÁNDEZ VIEITEZ

28/04/2010

 

O xulgado de 1º instancia e instrucción de Lalín admitiu a tramite a querela presentada polos socialistas silledenses representados por  Paula Fernández contra José Fernández Vieitez, por un presunto delito de calumnias e inxurias, relativas ás insinuacións vertidas polo ex portavoz do PP o 23 de febreiro de 2009, cando nun mitin do PP asegurou que os socialistas intentaran comprar a un concelleiro popular para que non asistise ós plenos, poñendo ata prezo para iso, en 30.000 euros.
O xulgado, ademais de admitir a trámite a querela, cita a prestar declaración en calidade de imputado, a José Fernandez, o próximo 26 de maio ás 10:30 h

Fernández Viéitez, dixo que o PSOE, pouco despois de acceder ao goberno silledense «quixo comprar un concelleiro do PP, poñéndolle un prezo de cinco millóns de pesetas (30.000 euros) para que non asistira aos plenos que fora preciso». Por suposto, e na seu liña, “non ofreceu máis datos”. Unhas declaracións que agora, obrígano a acudir ó xulgado.

A presentación da querela fora anunciada pola Secretaria Xeral Paula Fernández Pena o día seguinte, cando tildou as declaracións de “calumnias e difamacións que atentan contra a honra do noso partido” e xa daquelas afirmou que recorrerían ao xulgado xa que “estamos no dereito de recordarlle a Fernández Viéitez que traspasou a liña do xogo político e que acusar a alguén de que cometeu un delito tan grave sen probas está penado pola lei”

Os socialistas, que recordan que as mentiras, os insultos e as insinuacións forman parte diaria da política que desenvolve e desenvolveu  Fernández Vieitez, “a quen en máis dunha ocasión lle advertimos que non todo vale”, recibiron con satisfacción esta admisión a tramite, aínda que tamén coa cautela precisa “xa que o proceso non fixo máis que empezar”, aínda que para eles isto xa é unha pequena victoria “para que dunha vez  o Sr Vieitez comece a medir as súas palabras”
Os  socialistas din  que o xeito de facer política do Goberno de Presas, ten unha liña continuista co que fixo no seu momento Vieitez, xa que toda a súa acción basease na ocultación de información e nas mentiras constantes a cidadanía, por iso esperan tamén que esta admisión a tramite “os faga reaccionar”

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera