12 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG PSOE LAMENTA QUE COURES TOURIS FA

2010

O PSDG PSOE LAMENTA QUE COURES TOURIS FAGA UNHA VISITA PARA FALAR OUTRA VEZ DA ESTRADA BANDEIRA VILA DE CRUCES E NON EXPLIQUE COMO ESTAN O RESTO DOS COMPROMISOS TEORICAMENTE ADQUIRIDOS CON REY

29/04/2010

 

.-Os socialistas lamentan que o Delegado Territorial viñera a ”pasearse pola Rúa Agro do balo”, para a voltar a decir o mesmo que fai varios meses sobre a carretera Silleda-Merza, “e marchar outra vez, sen concretar nungunha data para a sua execución das sendas de Manduas” e  que esquecera “seguramente de xeito deliberado” falar do resto dos compromisos, a pesar de que  algúns de eles según adiantara  Rey estaban xa “prácticamente asegurados”

Os socialistas lamentan que, o alcalde en  funcións, Javier Presas, nin siquera lle pedira explicacións sobre a petición feita por el mesmo o pasado 11 de Abril ao Delegado Territorial para asfaltar e pintar varias rúas dos cascos urbanos, ou sobre os teóricos compromisos adquiridos pola Sra. Rey e el mesmo na ultima visita de Cores Touris, como a mellora do pintado da carretera de Silleda a Vila de Cruces, do que nada se sabe.

Recordan tamén que xa a finales do ano pasado o goberno, en referencia a carretera Silleda-Laro se comprometera a redactar unha memoria recollendo ás deficiencias da vía, pero nada máis se supo e sería un bo momento para preguntarlle o delegado se “ían ou non a asumir esos traballos logo de 4 meses”

Os socialistas recordanlle tamén que tiña que ter preguntado pola casa de Cultura de Bandeira ou polo centro de Día “e asi coñecer de primeira man  se é certo que xa a Conselleria  de Traballo o descartou para este ano”.

Tamén, nun periodo de necesidade de emprego e formación como este, que “o alcade do pobo se equeza de preguntarlle o delegado do Goberno da Xunta en que fase de tramitación estan os plans de formación ou de cooperacion que ian a traer a silleda, según dixo Rey ata 5 cursos de Formación e 30 novos traballadores municipales “e sinal de deixadez manifesta”

Lamenta tamén que non se interesara pola petición do centro de negocios para a Area 33, ou simplemente porqué “a finais do mes de abril” ainda non se empezaron as obras de mellora e acondicionamento do pabillon da Bandeira como albergue de peregrinos nun ano xacobeo

Tamén sorprende que logo de ter prometido o Conselleiro de Medioambiente a principio do seu goberno a entrega de mais de 500.000 € para obras de saneamento, tampouco lle pregunten o delegado cando van chegar esos cartos “o que sembra dubidas sobre a realidade do compromiso”

Pero quizá a cousa que mais sorprenda e que ”o alcalde hasta esqueceu preguntar se o Conselleiro de Medio Rural atendera a petición da terceira fase das augas de Piñeiro tal e como lle solicitara a Sra Rey

Para os socialistas a visita de Touris, somentes sirveu para sacar unhas fotos nas que se pode ver con claridade que “con tantos a organizar a casa queda sen barrer” e pídenlle o alcalde Presas que tome as riendas do Concello e que se centre dunha vez no traballo que ten que facer “que deixe de facerse fotografías e que faga traballo”

Os socialistas critican que o goberno somentes invitara a alguns ilustres veciños a esta semi-inauguración, e “deixara o resto dos veciños fora de este paseo de políticos” xa que en ningún momento  fixeron público que o delegado territorial ía visitar a rúa “debería darlle vergoña ter medo de avisar os veciños para que o Sr. Fdez. Vietez lles explicara en persona que eles foron os que as empezaron e as remataron”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera