19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PRESENTA AS

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PRESENTA AS ALEGACIÓNS O ORZAMENTO PARA QUE SE DEBATAN NO PRÓXIMO PLENO

01/05/2010

 

O grupo municipal socialista ven de presentar no rexistro municipal as alegacións ó acordo  inicial de aprobación  do ORZAMENTO XERAL para o ano 2010 “tal e como fixeramos público” dentro do prazo de quince días hábiles dende a súa publicación no BOP de Pontevedra

O grupo municipal socialista presentou as alegacións como cidadáns de Silleda, e como membros de Avanza trasdeza para evitar así que o goberno poida rechazalas, o argumentar que como concelleiros teñen opcións de debatelas no pleno, sen necesidade de presentar alegacións, “unha opción que nos consideramos necesaria para evitarlle danos económicos irreparables o Concello”

Os socialistas din que tal e como se desprende das interpretación feita polo TS nunha sentenza do ano 2008, este presuposto non ten validez algunha  o adolecer de vicio de nulidade dende a súa aprobación, posto que, tal e como indica a propia interventora no seu informe,  incumple  O PREVISTO NO ARTIGO 193 do RDL 2/2004  xa que era obligatorio “que neste docuemento se solventara a débeda municipal”

Ademais o TS di tamén  que este vicio que non é susceptible de ser subsanado a posteriori  agás que se redacte  un plan de saneamiento financiero para eliminar o remanente liquido de tesorería negativo e máis a reducción do aforro neto, o cal é de todo imposible dado a situación financieira deste Concello.

Alegan tamén que existe unha insuficiencia de crédito para atender as obrigas, algo do que xa advertiu intervención no seu informe recoñecendo que os cartos consignados son insuficientes para abonar  a enerxía eléctrica, a recollida e tratamento do lixo, as cantidades adebedadas por sentenza firme e inapelables, ou para   facer frente ó pago das cantidades que neste intre están a ser reclamadas en varios procedementos xudiciais.

Os socialistas alegan ademáis que tampouco se inclúen as cantidades que serán necesarias abonar a concesionaria da Auga municipal para facerlle fronte o pagamento da parte correspondente a suba anual que non foi imputada ós veciños de Silleda , tal e como anunciou en días pasado o Alcalde “por non saber rematar as negociacións coa concesionaria”

Din tamén  que é  unha total e absoluta ilegalidade prever ingresar en concepto de ICIO do parque eólico do San Sebastián que está pendente de que recaiga sentencia judicial, xa que  debe empregarse  UN ÚNICO CRITERIO  para as cantidades pendentes de resolucion xiudicial “non sirve decir que seguramente cobremos unha cantidade se non contemplamos o que vamos a estar obrigados a pagar”

Os socilistas tamen argumentan que non se contemplan os gastos que vai supor a contratación de persoal para cubrir as vacacions da plantilla fixa, xa que determinados postos de traballo non poden quedar vacantes durante o período “o que vai supor uns gastos que non serán,  a priori, e visto a política laboral que está a desenvolver o executivo, asumibles con este orzamento”

Por último,  alegan tamén que non pode considerarse que se vai a ingresar o 50 % das débedas de mais de catro anos cando ese é o prazo legal para a súa prescripción, e polo tanto, salvo aquelas nas que existe algún tramite para evitar dita prescripción, como as da Semana verde, o resto das  cantidades serían incobrables

“Este orzamento está viciado de nulidade  o que implica que de ser aprobado polo pleno, este acordo será declarado nulo de pleno dereito polos tribunais, polo que é total é absolutamente improcedente a sua aprobación”, e por elo solicitan que se estimen estas alegación “e se rexeite a aprobación do orzamento” ..

Os socialistas din que aprobar este orzamento “é unha temeridade económica que creará moitos problemas o Concello

.

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera