19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdeG PSOE ACUSA AO ALCALDE DE MENTIR

2010

O PSdeG PSOE ACUSA AO ALCALDE DE MENTIR CANDO FAI A XUSTIFICACION DE PORQUE SE CAMBIAN OS CONTRATISTAS DAS OBRAS DO PLAN E

DIN QUE AS RAZONS QUE ARGUMENTA PARA A REBAIXA DOS IMPORTES SON ILOXICAS E DESACERTADAS.

 

06/05/2010

 

O grupo municipal socialista di que argumentar que a dúas empresas silledenses non se lles adxudicaron definitivamente unhas obras que tiñan xa adxudicadas provisionalmente por que non presentaron axeitadamente a documentación requerida “é unha burla, tanto para os empresarios, xa que se pon en dubida a súa profesionalidade, como para os cidadáns”, sobre todo cando unha de esas empresas foi tamen adxudicataria doutras dúas obras nas que “curiosamente si presentou ben a documentación”. Os socialistas creen que detrás de estos cambios existen outro tipo de razóns que “o alcalde debería explicar”, xa que si non o único que se evidencia é que o “o reparto da tarta inicial que se fixera  non sentou moi ben” e que por eso houbo que rectificar.

Por outra banda din tamén que argumentar que as empresas ofertaron menos cartos  e que van a completar a cantidade “con melloras” é significativo de que o “alcalde descoñece o que son unhas melloras nunha obra”. Os socialistas din que as melloras que un contratista faga nunha obra sempre deben asumirse pola empresa e que polo tanto non poden certificarse para o seu abono, e que  de ser así “a diferencia entre o realmente contratado e o aportado polo Goberno perderíase”.

Pero van mais aló decindo que, “o alcalde debería saber, para así transmitirllo a ciudadanía” que no decreto que regula o PLAN E este ano deixaron aberta a posibilidade de que se pudiera contratar por menos cantidade para asumir “modificacións xustificadas das obras ou variacións impositivas”, esto é que a obra poida sufrir modificacións económicas que deberán ser debidamente xustificadas para poder ser posteriormente abonadas, ou que simplemente poida abonarse con esa diferencia un posible incremento no imposto do IVA.

Os socialistas reclaman que se lles permita ver as actas da Xunta de Goberno Local para coñecer as puntuacións recibidas polas empresas adxudicatarias e coñecer cantos traballadores desempregados se van a contratar este ano a cargo do PLAN E en Silleda, “ xa que temos certas dúbidas que fora tido en conta este criterio a hora de adjudicar as obras”

Lamentan que o proceso de adxudicación do PLAN E esté resultando tan lamentable  aínda que era de supor que un dos principias motivos para facer unha moción de censura “sexa agora un novo motivo de discordia entre os membros de este curioso goberno“ eso si, celebran que as primeiras obras que contraten sexan obras “financiadas polo goberno de España porque se volta a poñer en evidencia que  non era necesaria unha moción de cesura para que Silleda seguise tendo obras”.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera