Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA ANUNCIA QUE
O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA ANUNCIA QUE XA CONTAN CON PRETO DE 600 PERSOAS PARA A XUNTANZA COS VECIÑOS DO DIA 23
10/05/2010
O grupo municipal socialista anuncia que a tan solo 6 días da posta á venda das entradas para a celebración da Xuntanza cos veciños programada para o día 26, xa contan con preto de 600 entradas vendidas, “A este tipo de actos a xente suele apuntarse a ultima hora, e contar con tantos inscritos a mais de dúas semanas de que remate o prazo para inscribirse é para nos unha alegría” A venda das localidades para a xuntanza abriuse o pasado venres cando membros do Grupo municipal presentaron a actividade que baixo o slogan de PAULA, MANOLO E LOLI QUEREN COMPARTIR UNHA COMIDA CONTIGO”, celebrarase na carballeira de Silva de Bandeira. Na xuntanza, ademáis dunha comida a base de pulpo e calde o caldeiro, que ten un coste de 17 € para os maiores e de 8 € para os nenos, haberá un espectáculo de rúa, hinchables para os pequenos e unha orquesta que empezará a súa actuación a partir das cinco da tarde. Esta xuntanza está organizada polo grupo municipal e quere servir para reunir a tódolos veciños de Silleda nun entorno natural para agradecerlles o apoio recibido nos últimos meses. A Agrupación e as Xuventudes socialistas colaboran na organización e na venta de entradas. As entradas están á venda na Sede do partido na Rúa República Arxentina nº18, Silleda. Tamén podes facer a túa reserva no 986580436 ou no 666711230.
|

|
|