19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdeG - PSOE SOLICITARÁ INFORMACIÓN N

2010

O PSdeG - PSOE SOLICITARÁ INFORMACIÓN NO PRÓXIMO PLENO SOBRE O ESTADO NO QUE ESTAN AS RECLAMACIÓN FEITAS POLO GOBERNO DE PRESAS EN REFERENCIA Á PO-204 SILLEDA LARO

Para o responsable de medio rural socialista o goberno adícase a sacar fotos e a non arrranxar nada

 

11/05/2010

 

O responsable de medio Rural do PSdG PSOE Adolfo Dapena, trasladaralle o grupo municipal  socialista para a súa presentación no pleno de final de mes unha pregunta  sobre o compromiso acadado polo goberno local cos veciños en referencia a carretera PO204 Silleda – Laro.

Adoldo Dapena recorda que a finais do ano pasado o actual Alcalde Javier Presas, acompañado polo  edil de medio Rural Alejandro Vidueiros, e a hoxe, alcadesa de baixa  Ofelia Rey,  visitaron diversos puntos da estrada PO-204 que discorre entre Silleda e Laro para recoller varias solicitudes veciñais.

Según as  suas verbas recolllidas nas notas de prensa da web municipal, comprometíanse a “redactar unha memoria  e a presentala ante a conselleria de politica territorial e obras publicas”, pero a día de hoxe,  non se sabe se teñen esa memoria redactada ou si a mandaron “ ainda que temos moitas dúbidas por que non saben nin a donde a teñen que mandar porque a consellería a que eles se refiren xa non existe” di Adolfo dapena responsable de medio rural socialista

Que logo de 5 meses ainda non se sepa nada, é un exemplo mais de que este goberno “adícase a facer moita propaganda e pouco traballo” por iso exíxenlle o alcade Javier Presas,  que aclare públicamente como están estas xestións xa que “prisa para ir a sacar a foto na carretera tiñeron moita, pero para solventarlle os reclamacions os veciños ningunha”

O edil lamenta que na carretera nin siquera se fagan labores de mantemento xa que as balizas que protexen os peóns que camiñan pola senda ata o Marco están todas rotas e reclamalle o executivo que “alomenos faga as xestión oportunas para que os cidadáns de Silleda poidan camiñar polas sendas con garantías de seguridade”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera