19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / OS SOCIALISTAS RECLÁMANLLE Ó GOBERNO UNH

2010

OS SOCIALISTAS RECLÁMANLLE Ó GOBERNO UNHA EXPLICACIÓN SOBRE O OUTORGAMENTO DA LICENZA DA PRAZA DA FEIRA VELLA.

DIN QUE OS TRES MEMBROS DO ACTUAL GOBERNO QUE ESTABAN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NO MOMENTO DA CONCESIÓN DA LICENZA DEBEN ACLARAR AS CONDICIÓNS EN QUE A OUTORGARON. SOLICITARÁN AXUDA ÓS SERVIZOS XURÍDICOS DO PARTIDO PARA AVALIAR RESPONSABILIDADES.

 

14/05/2010

 

Os socialistas lamentan que de novo o xulgado veña suspender outra licenza no Concello de Silleda  aínda que non se sorprenden xa que “o urbanismo practicado por Vietiez e o seu equipo  tiña que dar como resultado esto”. Logo de anos de mala  praxis en materia de urbanismo agora os xulgados veñen poñer contra as cordas ó actual equipo de goberno, responsable desta desfeita que vai supor de seguro reclamacións económicas ó concello.
Os socialistas reclámanlle ós membros do goberno actual que outorgaron esta licenza, Presas, Vieitez e Vidueiros  que expliquen como deron unha licenza municipal un día  antes de que o proxecto estivera entregado no Concello, “e non sirve que digan que tiñan poderes adiviñatorios para xustificarse”. Para os socialistas esto foi unha “chanchullada, que lles saíu mal, e que agora pagaremos tódolos silledenses como sempre”.
Que un xulgado diga claramente que suspende unha licenza porque se outorgou un día antes de estar o proxecto presentado no concello, e que por riba dito proxecto incumpra o PXOM, “deixa claro en que mans estabamos e que, lamentablemente, son as mesmas que nos gobernan agora “ . Para os  socialistas, día tras día, van saíndo á luz os intereses particulares que denunciaron como  único motivo  para levar adiante  a moción de censura.
Din os socialistas que remitirán a sentenza aos servizos xurídicos do partido para que avalíen posibles responsabilidades, xa que se un xuíz califica unha actuación dunha Xunta de Goberno de “grosera”, e fala de xestión administrativa con “defectos” está deixando moi claro que “a Xunta de goberno local incumpriu as súas función que son as de gobernar con igualdade e equidade para tódolos cidadáns”

Recordan que durante o mandato dos socialistas as críticas ó urbanismo eran constantes por parte de Vieitez , que chegou a acusalos de paralizar o concello, e que “agora vese como os tribunais acaban dándonos a razón de que as cousas non estaban nada claras en certas obras”.
Recordan que, sobre as medidas en materia de disciplina urbanística, que se adoptaron na etapa socialista “moitas delas duramente criticadas por toda a oposición”, os tribunais vanlle dando a razón en todas elas. Mencionan, como exemplo, o que aconteceu coas obras de Nova carballeira  e agora voltan a darlles a razón neste caso “aínda que lamentablemente estamos seguros de  que a problemática coas licenzas outorgadas polo actual alcalde Javier Presas non vai rematar aquí”
Os socialistas din que confían en que o concello inicie un proceso de negociación co promotor da obra para evitar unha reclamación cuantiosa por danos e perxuicios, xa que de outro xeito o Concello pode ter ainda máis problemas de solvencia “dos que xa ten”.
Lamentan que en menos de quince días houberan  dúas sentenzas (O edificio de detrás da igrexa e esta no Parque da Feira Vella) que poden supor un desembolso económico en pago de indemnizacións que veñen en detrimento das arcas municipais “esto é algo que advertimos en multitude de ocasións pero a Vieitez e o seus amigos nunca quixeron entender, nin durante o seu período de goberno, nin estando na oposición”.

Antecedentes:
O procedemento iniciouse no ano 2005 cando o promotor solicitou licenza para construir un edificio con  un sótano, baixo,  tres plantas e baixo cuberta para 15 vivendas.
Como o solar non cumpría coas medidas esixidas para ser urbanizable segundo o PXOM, o promotor encárgalle o Enxeñeiro Rico Lenza (redactor do PXOM) unha reparcelación das fincas que daban a praza da FeiraVella. Esta reparcelación fíxose sen contar co criterio dos colindantes que viron afectada a súa propiedade o que provoca que a familia Arceo presente a primeira reclamación que neste momento esta pendente de apelación ante a sala do TSUG

Aínda con esta denuncia sobre a reparcelación, a Xunta de Goberno Local, integrada por Vidueiros, Presas e Vieitez concede licencia para dita reparcelación, coa que se permite que o promotor do edificio en litixio, dea frente á praza da Feira Vella, o que lle permite un aumento  na edificabilidade xa que pode aumentar as alturas do inmoble de tres a catro plantas.
O promotor presenta  un novo proxecto  con DOUS sotanos, baixo, CATRO plantas  en portal a Rúa San Isidro e tres plantas a rúa Progreso, e Baixo cuberta para 22 vivendas. E dicir consigue, grazas a dita reparcelacion 7 vivendas mais.
Pero o máis sorprendente do proceso é que a Xunta de Goberno local  outorga a licenza un día antes de que o proxecto fose entregado no concello  o 12 de marzo de 2007, e que este último proxecto non se adapta ó establecido na reparcelación presentada polo propio promotor
Sobre esta licenza a familia Arceo volta a presentar un recurso de reposición no Concello, contra este acordo en agosto de 2007.

O concello xa cos socialistas no goberno deixou transcurritr o prazo legal sen resolver ese recurso de reposición, xa que “a vista de cómo se outorgou esta licenza, nós non podiamos defendela , xa que estaríamos defendendo una irregularidade manifesta e  de chegar a situación a que efectivamente se chegou, seríamos tan responsables desta desfeita como o goberno actual”.
Cabe salientar que o goberno actual tampouco presentou alegacións ó recurso contencioso administrativo “seguramente porque non había por onde defender a licenza tal e como a outorgaron”  e que o propio promotor, evitou seguir o procedemento para defendela xa que como o pleito era contra o concello, apartouse,  mantendo en todo momento a parte da obra que non sería legalizable paralizada.
Agora, cando se solicite por parte de los demandantes a execución da sentenza é cando o promotor poderá alegar o que considere “e facer a reclamación económica que resulte dos danos que lle puidera ocasionar esta suspensión de licenza”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera