18 de setembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / AVANZA TRASDEZA / AVANZA TRASDEZA PON Á VENDA 150 CAMISETA

AVANZA TRASDEZA PON Á VENDA 150 CAMISETAS CON FINS SOLIDARIOS.

29/05/2010

 

AVANZA TRASDEZA pon á venda as camisetas co debuxo gañador no “I concurso de deseño de camisetas solidarias”, unha das iniciativas solidarias que puxo en marcha este colectivo, dirixida á participación dos mozos e mozas con idades entre 12 e 25 anos.

 

A gañadora do concurso, Patricia Rozados, de 22 anos e veciña de Margaride, presentou ó concurso un deseño sobre a violencia de xénero. “Elixín este  debuxo en forma de arañeira xa que a violencia contra as mulleres é un tema que nos atañe a todos e todas e co que a sociedade se debe solidarizar” dixo Patricia.

 

Con este deseño, AVANZA TRASDEZA fixo unha impresión de 150 camisetas que pon á venda. Debido ó seu carácter solidario, dende Avanza Trasdeza queremos animar, a toda a cidadanía, a achegarse ata o Portelo Social de Avanza Trasdeza (República Arxentina,18), para mercar esta camiseta.

 

“O prezo é de 10 euros e agardamos que se vendan o máis axiña posible para así poder achegar a nosa axuda a todo o podo haitiano, non queremos que a catátrofe de Haiti caia no esquecemento”, di a presidenta, polo que este ano a recaudación desta actividade está destinada á Cruz Vermella Internacional que opera neste país e que foi a ONG elexida pola gañadora.

 

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera