Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG-PSOE DE SILLEDA VOLVE SOLICITARLL
O PSdG-PSOE DE SILLEDA VOLVE SOLICITARLLE Ó GOBERNO QUE LLE ESIXA Á XUNTA O MANTEMENTO DAS ESTRADAS DA SÚA TITULARIDADE.
03/06/2010
O Grupo municipal socialista volta a pedirlle ó goberno que lle esixa á Xunta o mantemento das carreteras da súa titularidade, xa que “a pesar das nosas reiteradas peticións non fixeron nada mais que vir a sacarse unha foto, outra vez, na carretera Silleda Laro” O PSdG-PSOE lamenta que o Concello se pronunciase en repetidas ocasións sobre o mal estado de dita vía, aínda cando a maioría dos problemas que din que ten non son de execución de obra senón de mantemento “e que a día de hoxe logo de dúas visitas do alcalde á zona, ni tan siquera a teñan desbrozada, con zonas nas que a herba pronto ocultará os sinais” Os socialistas voltan a pedirlle o goberno solicite con urxencia, a Xunta de Galicia, que se instalen as balizas de señalización da senda “o mellor é que están esperando a que pase calquera desgracia para poñelas”, que limpen as cunetas e que desbrocen os laterais da mesma para mellorar a visibilidade. Recordan que o goberno dixo en varias ocasións que tiña un informe con todas as deficiencias da obra, e resulta que trala visita de Evaristo Juncal quedou constatado que o informe estaba sen facer e que as obras reclamadas eran na práctica totalidade labores de mantemento. Sobre a carretera que vai a Vila de Cruces, o grupo municipal socialista volta a insistir en que o Goberno, ademais de pedirlle a Xunta que faga nela labores de mantemento, debe insitir en que se solvente a problemática das liñas continuas e en que se constrúa un espacio de xiro antes da ponte que nos separa do Concello de Vila de Cruces “para que os nosos veciños non teñan que cambiar de Concello para cruzar dun lado o outro da parroquia”. Recordan os socialistas que tras varias preguntas ao goberno tanto nos medios como no pleno “seguimos sen obter resposta, seguramente, ainda anda en estudio, como todo o que prometeron”.
|



|
|