21 de xuño de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / AVANZA TRASDEZA / “O PORTELO SOCIAL” DE AVANZA TRASDEZA CU

“O PORTELO SOCIAL” DE AVANZA TRASDEZA CUMPRE SEIS MESES

05/06/2010

 

Avanza Trasdeza celebra os seis meses de actividade do Portelo Social que é un dos proxectos que dende a Asociación levamos a cabo para servir de centro canalizador e vertebrador de información para toda a comunidade silledense, atopando así, nun único centro toda a información que os cidadáns poidan precisar.

 

            No Portelo Social desenvolvemos tres tipos de actividades:

 

-          Atención a consultas:

 

Nestes seis meses de actividade do Portelo Social, recibimos un total de 182 consultas, das cales 70 foron on-line, polo que constatamos a boa acollida que tivo entre os veciños. Demos resposta a problemas de diversa índole. O 40% das consultas atendidas estiveron relacionadas coa solicitude de información sobre subvencións ás que os cidadáns poden optar: para o arranxo de vivendas, a posta en marcha de negocios...

 

Tamén demos resposta a problemas de  lindes de fincas ou os pasos a seguir na tramitación de herencias supoñendo este tipo de consultas un 20%.
           
Un 15% dos veciños que se achegaron á nosa oficina non sabían como reclamar algún tipo de inxustiza a diferentes organismos, recorrer algunha multa, etc. Ante isto, prestamos a nosa axuda para a redacción das cartas de reclamación.       

 

A axuda prestada ó colectivo inmigrante, supuxo un 15% da actividade do Portelo Social. A maioría das consultas estaban relacionadas coa solicitude nalgún tipo de información e asesoramento para resolver numerosas dúbidas administrativas, ou tamén de índole social ou cultural. Dende o Portelo buscamos toda a información precisa, e cando foi necesario puxémolos en contacto cos organismos correspondentes.

 

No cómputo xeral , a maioría das consultas recibidas, despois de proporcionar unha primeira información, foron derivadas a outros organismos, así derivamos consultas ós Servizos Sociais, a Asesorías, a peritos e a profesionais de diferentes ámbitos.

 

-          As actividades solidarias tamén tiñeron cabida dentro do Portelo Social :

 

Avanza Trasdeza puxo en marcha unha iniciativa para recoller xoguetes no Portelo social e entregarllos ós nenos do Sahara a través da asociación colaboradora: Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

 

-          Dentro das actividades do Portelo Social tamén lle demos cabida á formación.

 

Así vimos desenvolvendo charlas informativas demandadas polos veciños a través do Portelo Social. Unha delas, levada a cabo en varias parroquias xirou en torno a dar ós veciños información sobre o cultivo ecolóxico e os productos fito-sanitarios. Seguiremos ofrecendo este tipo de iniciativas que os veciños silledenses reclaman.

 

O Portelo social está á disposición de calquera veciño. Atoparásnos na Rúa República Arxentina, 18, baixo, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h.          

 

 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera