20 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / PAULA FERNANDEZ PENA DENUNCIA QUE JAVIER

2010

PAULA FERNANDEZ PENA DENUNCIA QUE JAVIER PRESAS MINTE SOBRE A SUBESTACION DE CIRA

DIN QUE A LICENCIA DE OBRA XA FOI OTORGADA EN XUNTA DE GOBERNO LOCAL SEN TER FALADO PREVIAMENTE COS VECIÑOS DENUNCIAN QUE O ALCALDE, Ó OTORGAR A LICENCIA NON ASEGUROU QUE A EMPRESA FIXERA AS MELLORAS ANTES DE EMPEZAR AS OBRAS QUE É O QUE QUERÍAN OS VECIÑOS.

 

08/06/2010

 

A portavoz socialista ven de denunciar que o Goberno de Silleda, xa otorgou en Xunta de Goberno local a licencia da Subestación de Paizás,  e non como din que a “otorgarán nuns días nun novo exemplo de mentiras do Alcalde”. Di que foron os técnicos da eléctrica os que lle dixeron que estaban xa avisados de que estaba concedida concedida e que podían pasar a abonarlla

Lamentan,  ademais das  mentiras,  que antes de otorgar esta licencia non lle houberan exixido  o cumplimento a empresa  de facer a mellora do centro social  acordada co goberno socialista antes do inicio das obras.

Denuncian que o alcalde asisteu a Cira ata en dúas ocasións a “mentirlle os veciños”, xa que, primeiro asegurou que a licencia de esa obra a otorgara os goberno socialista  sen que se tiveran en conta  as alegacións dos veciños,  para acabar recoñecendo no segundo día que fora o actual goberno quen a concedera. Tamén quixo facerlles creer que o goberno socialista non fixera ningunha negociación coa eléctrica para concretar as melloras, e recibeu por resposta a valoración das mesmas das mans dos propios veciños.

Paula Fernández  lamentan que agora, a empresa volte a decir que vai a estudiar estas melloras, que estaban xa consensuada pola anterior alcaldesa con altos cargos Galegos de Union Fenosa,  xa que “agora están de novo nunha situación de forza coa licencia de obra na man pola ineptitude de este goberno”.

Nesta negociación non só se consigueu unha serie de obras de mellora no centro social, senón que o goberno socialista tamen conseguira que se “fixera o soterramento das liñas de salida do centro de transformación, asi  como analizar a pe de obra cos veciños o recoriido das de entrada que o ser de alta tensión non poden ser soterradas”. A socialista alerta que estarán moi pendentes de que esta obra se faga cumplindo todos os acordos apalabrados e confian en que a empresa demostre a súa profesionalidade “ata agora entenderon perfectamente as nosas peticións”

Paula fernández di que xa se puxo en contacto co representate de Union Fenosa que foi a Cira co alcalde para exixirlle o cumplimento do pactado, algo que aseguraron iban a facer.

O expediente administrativo de esta obra iniciose no ano 2008. Os veciños de Cira presentaron varias alegacións a mesma. A vista de que urbanisticamente a obra podíase facer, e que seguramente as alegacións foran desestimadas, antes de remitir o expediente a medioambiente e augas de Galicia para conquerir a autorización previa, dende  o concello abriuse unha quenda de contactos entre os veciños e a empresa para lograr unhas melloras para compensar as posibles molestias os veciños do Curro.

Estas melloras foron entregadas a empresa dende a alcaldía e obtiveramos o seu visto bó. A partir de dito momento se remiteu o expediente a medioambiente para conquerir a autorización.

Agora é o novo goberno o que recibe dita autorización e obviando calquera negociación previa ni cos veciños non coa empresa decide otorgarlle licencia deixando nas mans da empresa a decisión de voltar a tras a negociación ou non.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera