.- O grupo municipal socialista reclamará o actual Goberno de Silleda o listado do rexistro de facturas dende un de xaneiro ata a data actual.
Sabedores de que se está xenerando un importante gasto, o grupo municipal socialista quere ter un listado de todas as facturas do presente ano, xa que coidamos que non todos os gastos xenerados se están imputando ao Orzamento nin fiscalizando en intervención e de seres así as arcas municipais terán serios problemas para afrontar todos os pagos.
No listado de facturas aprobadas nas Xuntas de Goberno Local que nós entregaron, aparecen facturas dos meses de marzo e abril, isto xenera certa desconfianza, xa que tememos que algún proveedor teña as facturas cobradas ao día, mentres que outros ainda están pendientes de pago dende xaneiro. Coidamos que as facturas teñen que ser pagadas mes a mes sen favoritismos nin “amiguismos”.