20 de novembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / OS SOCIALISTAS SEGUEN A AFIRMAR QUE XA E

2010

OS SOCIALISTAS SEGUEN A AFIRMAR QUE XA EXISTEN PROBLEMAS ECONÓMICOS PARA AFRONTAR PAGOS.

DIN QUE SE QUEREN DEMOSTRAR QUE NON É CERTO, LLES ENTREGUEN A RELACIÓN DE FACTURAS SOLICITADA .

 

08/06/2010

 

Os socialistas din que os problemas de pagos do concello xa son unha realidade, e que se o Alcalde esta tan seguro da solvencia municipal, o que ten que facer é entregarlle a oposición o listado das facturas registradas no concello para que poidamos comprobar se ten razón, “mentras non as entregue seguiremos insistindo en que non se está fiscalizando axeitadamente o gasto en que non se fan os pagos correlativamente e que   están cobrando somentes os  amigos”.

Os socialistas din tamén que solicitaron tódolos contratos novos feitos dende o 19 de outubro e se realmente non hay ningunha contratación nova na plantilla municipal que non esté adscrito a un programa de cooperación “non teñen mais que demostralo presentándonos dita documentación e non dando a calada por resposta como sempre”.

Eso si, tamén solicitaran as resolucións das contratacións dos programas de cooperación xa que  temos dúbidas que non se houberan perdido ayudas da consellería de traballo “o que sería lamentable nun periodo de crise laboral como o que estamos  a vivir”.

Os socialistas lamentan que o alcalde siga a confundir os termos económicos e que os volte a acusar de que tiveron que pagar neste ano facturas do ano pasado, xa que recordámoslle que non aprobaron  ata en dúas ocasións un suplemento de crédito de 400.000 € por cuestións partidistas, “cantidade superior  a que tiveron que pasar para este ano, é decir, que si o houberan aprobado ainda lles sobrarían cartos”

Din tamén que van a pedir que se lles facilite un avance de la liquidación a 1 de Xuño para saber que partidas están xa ou agotadas ou a piques de agotarse, e poder ver así a realidade económica municipal xa que creemos que a estas alturas do ano deben ter disponible somentes o 40 % do orzamento “e eso, con sorte”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera