19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / PAULA FERNANDEZ DI QUE PRESAS ESTÁ A FAC

2010

PAULA FERNANDEZ DI QUE PRESAS ESTÁ A FACER O RIDICULO COA SUBESTACIÓN DE CIRA

LOGO DE TER QUE RECOÑECER QUE MINTEU EN REFERENCIA Ó OUTORGAMENTO DA LICENCIA SEGUE A MENTIR

 

08/06/2010

 

Paula Fernández di que o Alcalde Javier PresaS, está  facendo o ridículo coas súas declaracións en torno a subestación de Cira. “xa tivo que recoñecer que minteu públicamente e que a licencia si estaba concedida tal e como dixemos, e agora sigue a metela zoca decindo que non houbo acordos previos coa empresa”

Para Paula Fernández “que o representante de tódolos silledenses minta como o fai esta home é vergonzoso”.  A portavoz socialista dille o Alcalde que pode consultar co xefe de  Novos activos e co xefe de tramitacións de Unión Fenosa, como trascurriron  as negociacións, que duraron varios meses de traballo “ata que se chegou  a un orzamento que se lles presentou  e que é o mismo que agora enarbola diante dos veciños como si o fixera él”.

A socialista dí tamén que si en vez de perdelo tempo mentíndolle os cidadáns tivera falado con Unión Fenosa sabría a estas alturas que a disposición da empresa para facer estos traballo é total. Di a socilalista ademáis que o técnico que estivo o outro día na reunión de Cira confirmoulle que nunca dixo na reunión que non existirán negociacións senón que “él non estivera presentes nelas” como foi certo.

Paula Fernández di tamén que se o Alcalde está tan seguro de que os veciños non coñecían este proxecto, e que nunca foramos a falar con eles, que o convida a unha xuntanza, cara a cara, cos veciños en Cira “nos, imos a convocalos para explicarlles que é o que está pasando e se quere, que veña a dar a súa versión, alí diante con nos e os veciños”

Paula Fernández, di que esta situación e esperpéntica, e que “se este fora un alcade como ten que ser” o que tiña que ter feito era falar coa empresa para obligala a facer as obras antes da concesión da licencia, pero “o que fixo foi conceder a licencia e logo pedirlle coa boca pequena que lle fagan  as obras, o tempo que acusa os mais, con mentiras, de neglixencia”

A socialista recorda que esta forma de actuar é habitual con este goberno “non fai falla mais que acordarse do que pasou en Agro do Balo, co Auditorio de bandeira ou coas Sendas de Manduas”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera