19 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SORPRENDIDO

2010

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SORPRENDIDO POLA XUSTIFICACION DO ALCALDE PARA EVITAR A XUNTANZA DOS PORTAVOCES DE CARA A AVALIAR A SUA REBAIXA SALARIAL

10/06/2010

 

No  pasado pleno, forzado pola oposición, o goberno, tivo que deixar sobre a mesa a súa proposta de rebaixa salarial para as dedicacións exclusivas tanto de Javier Presas como de Ofelia Rey, xa que tal e como lle fixo saber o grupo municipal socialista, a súa propostam non só non se  adaptaba  ás directrices da FEMP senón que tamén tiña un erro na súa cuantificación, xa que a proposta decía  que o desconto era dun 5 % cando en realidade era dun 4.76%.

O alcalde comprometeuse entonces a convocar de xeito  urxente, unha vez que se coñecera a posición da FEGAMP neste asunto, unha  xuntanza dos portavoces dos grupos municipais.

Por todo iso, o grupo municipal socialista, lamenta que  a día  de hoxe non se tivera convocado xa dita xuntanza e critica que  “o alcalde se xustifique decindo que sigue a espera da decisión da FEGAMP cando este organismo xa adoptou un acordo sobre as rebaixas salariais  dos cargos electos en comisión executiva o pasado 1 de Xuño”

Os socialistas din que non saben si desta volta o alcalde “volta a mentir intencionadamente ou si simplemente non se entera” pero o certo é que a FEGAMP como membro da FEMP, adoptou “como era de esperar” os mesmos criterios que o organismo federal para a rebaixa salarial dos cargos municipais, e que ese acordo está “colgado na web da Federación dende o pasado 2 de Xuño”

Os socialistas exixenlle ao alcalde a convocatoria urxente desta xuntanza, así como  unha explicación pública das razóns que o levaron a “non convocarnos cando tiña orden plenaria para facelo”

Para os socialistas este é un exemplo mais de cómo se traballa neste concello “sen orden nen concerto, e tentando ocultar con mentiras os seus erros”

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera