O PSdG-PSOE, demandarálle ó goberno a través do grupo municipal socialista que se desbrocen as pistas municipais, xa que as vías de todo o concello están ateigadas de vexetación “a situación é tan mala que nalgunha pista os sinais de tráfico xa están ocultos pola maleza”. (Achégase fotografía).
Para os socialistas a deixadez do goberno está poñendo en risco ós cidadáns “xa que as vías xa son estreitas de por si, e un exceso de vexetación dificulta tanto a mobilidade peonil como a visibilidade dos vehículos”.
Lamentan que o Concello, desbrozara as pistas a principio de este ano, coas máquinas da Deputación, actuación que non serviu para nada, xa que a época elexida non era a axeitada e que agora “cometa unha falla de previsión tan importante que teñen que sufrir os cidadáns”.
Os socialistas din que ademais o goberno cometeu o erro de non limpar as pistas de monte nesa epoca do ano, “En Xaneiro malgastaron os cartos públicos en segar a herba que había nas cunetas e agora que é absolutamente necesario desbrozar as vías non teñen maquinaria”
Os socialistas esperan que as maquinas da deputación volten a Silleda “a facer o traballo como se ten que facer e cando se ten que facer” e que non poñan a excusa de que en Silleda xa estiveron “os cidadáns non teñen que soportar as fallas de previsión e de organización do goberno”