Javier Estévez, Secretario de Deportes e Paula Fernández, portavoz do PSdG-PSOE de Silleda revisaron esta mañá o proxecto de reformas do Pavillón Polideportivo de Silleda “e atopamos un documento que non arranxa os verdadeiros defectos do pavillón”.
Entre as obras incluídas figura a instalación dun pavimento de madeira que supón o 74% do orzamento, mentres que so figura un 0,21% para a reparación da cuberta, “é dicir, van gastar 204 euros en reparar unha cuberta que ano tras ano, polo seu mal estado, inutiliza o pavillón”, eso si, di Javier Estévez “que agora ademais estragará a madeira”.
Os socialistas lamentan ademais que se “malgasten os cartos en enfoscar o bloque das paredes porque esteticamente non lle gusten, e o prioricen sobre os problemas de humidade”.
Recordan que este ano as clases de patinaxe e a liga local de fúltbol sala tiveron que suspenderse varias xornadas debido á condensación e á humidade “que impedían, incluso, que os xogadores se mantiveran en pé, polos esvaróns”.
Facendo unha análise técnica do proxecto atópanse deficiencias como a reparación das portas de acceso polo incremento do nivel do chan, e incluso a nivelación do chan existente previo “o que de seguro provocará incrementos no valor final da obra”.
PAVILLÓN DE BANDEIRA
En canto ó pavillón de Bandeira, os socialistas din “que coas obras previstas non se atende a demanda feita polos usuarios” xa que non se fai nin unha soa intervención no propio pavillón, senón que “vanse gastar mais de 40.000 euros en cerrar a zona do porche exterior da piscina para que os peregrinos cheguen ó quente ás duchas”.
Con estas obras, é certo que se lle facilitará a vida ós peregrinos, “pero esqueceron as obras que son necesarias para os Bandeirenses como a reparación da cuberta, a substitución das chapas laterais, a reparación dos baños do pavillón ou incluso o reforzo das paredes laterais do mesmo nas que existen grandes fendas” . Destacan que neste proxecto no “hai un euro para reparar a cuberta”
Os socialistas acusan ao Concelleiro de deportes Javier Cuiña por ter “feito ou consentido uns proxectos que non van permitir a mellora na práctica deportiva para os Silledenses, como era a súa responsabilidade”
Por elo piden unha comparecencia pública do Concelleiro para que explique “que criterios técnicos se seguiron para estas obras” que consideramos “unha burla para os Silledenses”.
Queren tamén explicacións públicas do Concelleiro, sobre os criterios de utilización do pavillón da Bandeira, “queremos saber quen vai ter prioridade no seu uso, a nosa xente ou os peregrinos”
Sobre as colchonetas, conveniadas co xacobeo en 14.000 €, os socialistas parécelle “tirar cartos, porque o que tiñan que facer era investir en solucións de futuro e non en parches eventuais”. Recordan que o Xacobeo conta con autorización municipal para facer as obras de acondicionamento que permitiran a reapertura do albergue de Medelo, e que se lles puxo a disposición un terreo na Bandeira para construír un novo inmoble
“ pero semella que prefiren gastar cartos de usar e tirar”