21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O SECRETARIO DE DEPORTES DO PSDG-PSOE DE

2010

O SECRETARIO DE DEPORTES DO PSDG-PSOE DENUNCIA QUE O GOBERNO, COMO SEMPRE, VOLVE MENTIR.

18/06/2010

 

O secretario de Deportes do PSdG PSOE de Silleda, Javier Estevez di que o Goberno local, demostra cas suas declaracións “a páxara mental que os invade”.

Javier Estévez asegura que "é falso que os pavillóns xa non teñan problemas de humidade” e pídelles que fagan un pequeño recorrido por esos recintos achegándose aos deportistas que os utilizan habitualmente “que son os que realmente lle poden explicar o problema coa condesación no polideportivo de Silleda nos dias de inverno, e que non se solventa con tapar unha goteira."

O Socialista di que  ademais de colocar o parquet e llanear as paredes de bloque “para que o pavillón quede bonito” o único que van a facer nesta instalacion, é colocar sillas de plástico sobre as gradas , comprar un xogo de canastras, e “cambiar dous inodoros que estaban rotos”.  O socialista ironiza con que “ se a cuberta está arreglada, ¿Por qué se gastan logo 204 € en cambiar tornillos na mesma?”

En canto o proxecto da piscina de Bandeira, “non entendemos que non se solucionen os importantes problemas de auga na pista, e de muros perigosamente agretados”.  Din que é unha demanda histórica tanto dos usuarios como do centro educativo de Bandeira que se cambiaran as chapas da cuberta e dos laterais.

Os socialistas, di Estévez, "preocupámonos polos 1500 peregrins que pasaran unha noite en silleda, pero ademais preocupamonos e moito, polos deportistas nenos, adultos e maiores das nosas vilas que utilizan estas instalacións ao largo do ano, tamén nos meses de verán” .

Para o socialista, so fai falla un pouco de interese e suplir con ganas a falta de capacidade “para xestionar uns proxectos que asi serán inútiles e descompensados”, xa que non responden ás necesidades reais dos deportistas.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera