21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSdG PSOE RECLAMALLE Ó EXECUTIVO UN P

2010

O PSdG PSOE RECLAMALLE Ó EXECUTIVO UN PLAN DE LIMPEZA DAS RUAS DOS CASCOS URBANOS

22 de Junio de 2010.- O PSdG PSOE de Silleda reclámalle ao executivo que active o plan de limpeza das rúas de Silleda e Bandeira de xeito inmediato, “xa que a situación das mesmas, sucias e cheas de herbas nas aceras” asi o exixe.

Os socialistas lamentan que unha vez incorporado o Grumir xa fai un par de semanas non se houbera activado esta actuación, e que a día de hoxe as rúas continuen a estar sucias, “de novo os silledenses voltamos a sufrir a falla de previsión e de ideas de este goberno”

Din ademais que a situación agravase polo feito de que algún dos barrendeiros remataron o seu contrato “e por elo atopamos zonas de silleda que están totalmente desatendidas”.

Esperan que logo de esta reclamación “o concello actúe” sen esperar mais tempo, xa que recordan que en xaneiro de este ano xa reclamaban a limpeza das rúas da contorna de Silleda e Bandeira a petición do veciños “e non fixeron nada”

Os socialistas recordan que durante o seu goberno se realizaban ata dúas limpezas anuais incluindo a limpeza con auga nas rúas e a desinfección dos contenedores, “unha actuación que sempre obtivo os parabéns dos cidadáns”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera