25 de Junio de 2010.- O PSdG PSOE de Silleda reclámalle ao executivo poña en marcha o plan de recollida de Voluminosos porta a porta como viña facendo o Goberno socialista “xa que os veciños o está a reclamar”, di Luis Rodríguez Secretario de Medio Ambiente
Recordan os socialistas que hai uns meses cando lle reclamaron o goberno a recollida de plásticos agrícolas, o Alcalde Javier dixo que estaba a estudiar a recollida dos voluminosos, “lévalle tempo de abondo estudiar unha acción municipal que xa estaba en marcha”, así que o secretario de medioambiente, Luis Rodríguez, reitera a petición de que empecen a recollida “un servicio que demostrou nos últimos dous anos unha eficacia probada e que colaborou a eliminación dos vertedoiros incontrolados”
Para o responsable socialista a política medioambiental do goberno limítase a ter a dous grumires sentados a tempo completo nas oficiñas do punto limpo “mentras que os veciños teñen as suas eiras cheas de materiais esperando a que o alcalde acabe de pensar que vai a facer”
O socialista lamenta que están quedando “no caixon da deixadez” iniciativas que tiñan tan boa acollida entre os cidadáns”. Por iso exíxenlle o Goberno que actúe e poña en marcha de unha vez “a recollida porta a porta gratuíta como se viña facendo en Silleda nos últimos anos”
Luis Rodríguez, dille ao Alcalde que os socialistas si se preocupan polas 33 parroquias do concello “ como quedou demostrado e o seguimos a demostrar” non como o Goberno que ten a tódolos veciños esquecidos e que só actúa cando llo require a oposición”