21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / OS SOCIALISTAS DIN QUE CANDO UN GOBERNO

2010

OS SOCIALISTAS DIN QUE CANDO UN GOBERNO DEFENDE A SUA XESTION CON ATAQUES PERSOAIS É PORQUE NIN HAI XESTION, NIN GOBERNO DIGNO

25 de xuño de 2010.- Para os socialistas, a imaxen que deu o goberno onte, nos medios de comunicación, ven a ratificar o que dixeron na rolda de prensa, que non hai  goberno “so un grupo de chafardeiros que o non poder defender a súa xestión, insultan a oposición”

Para os socialistas que “unha alcaldesa tránsfuga e de baixa declare que a oposición quere a alcaldía custe o que custe, é de traca” e invitan a Rey a reflexionar antes de lanzar “unha mensaxe como esta, que o único que consigue é que tódolos silledenses se rían de ela”

Dinlle a Rey que non dubidan da honorabilidade dos facultativos que lle dan a baixa, “nós, temos dúbidas, somentes, da honorabilidade da Alcaldesa”. Dinlle que unha imaxen vale mais que mil palabras, e vela “acudir ao concello cun empresario silledense cun papel na man e entregarllo a súa secretaria para que llo arranxara, non axuda a que nos creamos que está tan enferma como para permanecer tres meses alonxada das súas obrigas”

Para os socialistas non hai volta atrás, “se non está enferma, debe dimitir por mentirlle os cidadáns, e se está enferma debe dimitir porque foi o cargo o que a enfermou , e non temos porque pagalo os Silledenses”

Din sentirse sorprendidos porque a alcaldesa dixo que o único obxetivo do goberno é  “prestar beneficios  e dar calidade nos servicios”, e aclaranlle que  dar calidade nos servicios non é un obxetivo, é unha obriga, e “o de “dar beneficios” que diga en que lista hay que apuntarse, porque beneficios deste goberno só os reciben uns poucos”

Os socialistas pídenlle a alcaldesa que aclare como fixo os números dos 4 Millons de euros, porque “que se sepa, os compromisos reais que se coñecen non chegan nin de lonxe a esa cantidade, o resto,  son somentes promesas por cumplir”.

Pídenlle ademais a alcaldesa seriedade xa que “sería de record gastar semellante cantidad de cartos nos  once meses  que restan hasta as eleccións,  tendo en conta que nos primeiros nove nin fixeron, nin  investiron nada”.

Os socialistas din que si a Alcaldesa é capaz de demostrar que os 4 millóns de euros corresponden a compromisos efectivos “tería as nosas felicitacions, do contrario voltaríamos a decir que ten mais cara que espalda e que minte mais que fala”

Sobre Javier Cuiña os socialistas din que “é el o que realmente debería estar de baixa provocada polas súas paranoias”. Din estar fartos das tonterías que este señor conta sobre as relacións PSOE-BNG, por certo, unhas relacións que melloraron considerablemente “dende que Javier Cuiña deixou de inmiscuirse”

Eso si, que Javier  Cuiña compare a súa actividad nesta etapa coa desenvolvida co goberno socialista, parécelles axeitado, “pois sempre foi especialista en estar desaparecido no exercicio das suas funcions, xa que tanto antes como ahora, sempre andivo demasiado ocupado conspirando”

Din os socialistas, que nas declaración sobre a suposta contratación no concello do cuñado de Paula Fernández, “Cuiña cometeu un erro intencionado, o non decir que  David Bibián, si foi contratado, pero nunha empresa da familia, non no Concello”.

Din tamén que “roza o ridículo por acusar a Loli Garcia,  funcionaria do estado, adscrita provisonalmente á Xunta de Galicia, de estar inmersa nunha trama para conseguir un posto de traballo que gañou mediante oposición”. Os socialistas din que avaliarán cos servizos xurídicos  as súas declaracións “porque xa está ben de aguantar tonterías e desta volta son de xulgado de garda”

Din non saber a que se refire Javier Cuiña “con que deixamos de investir 1.60 millóns en deportes, salvo que pretendera  que invertíramos todo o Plan E en infraestructuras deportivas, e non sería lóxico, ainda que así vería  seguramente colmados os seus delirios de grandeza”

Sobre o PXOM, recordarlle o Alcalde en funcións “que o PXOM estaba xa remitido e informado pola Xunta de Galicia, e que si houberan feito o seu traballo a día de hoxe o Plan estaría en exposición pública”

Os socialistas din que o alcalde deixa o descuberto o seu descoñecemento  na xestión urbanística  cando di que gracias o seu esforzo  a xunta garante a  viabilidade  do Plan  “a Xunta informa favorablemente ou desfavorablemente un Plan, non é garante de nada”

Lamentan que nas súas declaracións “os dous alcaldes Rey e Presas esquezan outros temas tan importantes como  as xestións feitas para conquerir un centro de día, para facer a piscina climatizada ou  para rebaixar o prezo da auga, lamentablemente hai unha razón, non existe xestión”

Eso si , deséxanlle sorte a Javier Presas “ xa que a vai a necesitar en breve,  xa que os lacayos dependen  das vontades dos seus amos, e os que lle van a tocar agora semellan que teran calquera cousa menos vontade”.

Tamén se preguntan porque somentes aparecen declaracións de Rey, Cuiña e Presas, “mentras o resto dos membros de este “peculiar goberno” parece que nin están, nin se lles espera, nin se conta xa con eles”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera