Home / ESTOXO / 2010 / A XUNTA DE PORTAVOCES APROBA A REBAIXA S
A XUNTA DE PORTAVOCES APROBA A REBAIXA SALARIAL DE OFELIA REY NUN 7% E DE PRESAS NUN 6%
25 de Xuño de 2010.- Esta mañá celebrouse na casa consistorial unha Xunta de portavoces para determinar a contía a rebaixar as dedicacións exclusivas, aprobandose por unanimidade a rebaixa nun 7 % no salario de Ofelia Rey en un 6%, tal e como reclamou o PSdG-PSOE no último pleno, seguindo as directrices marcadas pola FEMP. A portavoz socialista solicitou que na exposición de motivos presentada se cambiase o párrafo onde o concello voltaba a decir que no pleno pasado elevouse unha proposta na que se rebaixaban os salarios un 5%, cando a rebaixa real era de un 4.76% e recordoulle o alcalde que o proposta quedara sobre a mesa, por dous motivos, “o primeiro porque a rebaixa proposta era insuficiente, e o segundo porque a rebaixa non era dun 5 % senón dun 4.76%” e que por elo era importante facer figurar ese “erro ”. O cambio foi aceptado coa coletilla de que se tratou dun “erro administrativo”, pero que a intención do goberno foi de rebaixar un 5%. Pedironlle explicacións públicas (xa solicitadas en nota de prensa do 10 de Xuño) de porque se tardou tanto en convocar esta Xuntanza logo de que no pleno se comprometera a convócalo de forma urxente “ e a unica razón que nos deu foi que era igual convocala un día que outro” O desconto farase con carácter retroactivo a 1 de Xuño, unha vez que este acordo sexa ratificado polo pleno. Acordouse logo que, cobrarán íntegras as nóminas de Xuño e descontarase na nómina de Xullo a cantidade correspondente aos dous meses. Antecedentes
No pasado pleno, forzado pola oposición, o goberno, tivo que deixar sobre a mesa a súa proposta de rebaixa salarial para as dedicacións exclusivas tanto de Javier Presas como de Ofelia Rey, xa que tal e como lle fixo saber o grupo municipal socialista, a súa proposta non só non se adaptaba ás directrices da FEMP senón que tamén tiña un erro na súa cuantificación, xa que a proposta decía que o desconto era dun 5 % cando en realidade era dun 4.76%. O alcalde comprometeuse entonces a convocar de xeito urxente, unha vez que se coñecera a posición da FEGAMP neste asunto, unha xuntanza dos portavoces dos grupos municipais. A FEGAMP cando este organismo xa adoptou un acordo sobre as rebaixas salariais dos cargos electos en comisión executiva o pasado 1 de Xuño
|
|
|