16 de decembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG PSOE RECLAMA A CONCELLEIRA DE CUL

2010

O PSDG PSOE RECLAMA A CONCELLEIRA DE CULTURA QUE INFORME SOBRE A SUBVENCIÓN DO MOBILIARIO DO AUDITORIO DE BANDEIRA

DIN QUE LOGO DE SEIS MESES A SUBVENCIÓN PROMETIDA OS GRUPOS POR OFELIA REY, NON APARECE.

 

02/07/2010

 

Os socialistas silledenses reclámanlle a Concelleira de Cultura Eva Lojo explicacións sobre como están os trámites para a consecución da subvención necesaria para a compra do mobiliario do Auditorio de Bandeira.

Din que, o compromiso da Alcaldesa, Ofelia Rey,  cos colectivos, era que esa subvención ía ser recibida en poucos días, e que a primeiros de ano terían o mobiliario, pero certo é que logo de seis meses, os colectivos de Bandeira se dirixiron o grupo municipal socialista para  pedirnos que nos informaramos sobre elo “ante a falla de novas do executivo”

Recordan que o executivo eliminou do plan anticrise da diputación a partida que os socialistas tiñan consignada para comprar o mobiliario solicitado polos colectivos culturales de Bandeira e que ía ser destinado a Ampliación do Auditorio.

Logo da moción, Rey,  alegou que, o non alcanzar a cantidade mínima que exixia a deputación  iba a retiralo proxecto do Plan Anticrise en vez de incrementalo comprando mais mobiliario necesario noutros centros, o tempo que anunciaba a solicitude doutra subvención para o mesmo material “da que non se sabe nada ata o momento”.

Os socialistas xa denunciaran naquel momento,  que ese cambio obedecía somentes a cuestións partidistas “para poder decirlle os colectivos que o conseguiran eles” pero o certo é que pola súa “ incapacidade de xestión a día  de hoxe, os colectivos seguen sen mobiliario”

Recordan ademáis que, “a vista de que non ían ser capaces de conseguir os cartos na Xunta”, se lle pideu que incluiran esa partida no plan E e que foi a propia Alcaldesa a que chegou a decir que a subvención que pediran  chegaría antes que o propio plan e que por eso descartaron incluíla. “ Se o houberan feito como se lle dixo a día de hoxe o auditorio estaría amueblado”

Por iso, os socialistas pídenlle a Concelleira que revise como está a tramitación de dita subvención, toda vez que os colectivos seguen a sufrir a falla de xestión da primeira edil.

 

 

 

 

 

Error: Got error 28 from storage engine

Volver