21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG-PSOE DENUNCIA QUE O CONCELLO ESTÁ

2010

O PSDG-PSOE DENUNCIA QUE O CONCELLO ESTÁ A ARRANXAR PISTAS INCLUIDAS NO PLAN ANTICRISE DA DEPUTACION

Lamentan que non fagan a xestións oportunas para que a deputación contrate esas obras previstas na anualidade do 2009 no canto de bachear Dudan ademais que pretendan con este parcheado provisonal evitar a actuación recollida no proxecto para cambiala por outras actuacións

 

06/07/2010

 

O secretario de organización, Manuel Cuiña, ven a denunciar que o concello “está a bachear unha pista en Escuadro que está incluida no proxecto redactado polo goberno socialista que se presentou na diputación ao abeiro do Plan Anticrise”

Dí que os operarios municipales levan xa varios días bacheando a pista que vai dende Os Espiniños a Cubela, o que supón un gasto “que vamos a pagar tódolos silledenses pola súa falla de organización e neglixencia na xestión”.

Dí que esa era unha das pistas que mais necesidade tiña de arranxo de tódalas presentadas no proxecto anticrise, que redactou o goberno socialista, e que bacheala, non é boa solución xa que “o seu estado require unha intervención total”, e que por elo o goberno tiña que ter forzado a diputación para que contratara estas obras.

Recordan que esta pista, tiña que estar arranxada con cargo a anualidade do 2009 do Plan anticrise, e que a día de hoxe,  non se pode pasar por facer un simple bacheo “xa que é urxente a súa reparación integral”

Denuncian, por elo, a deixadez do executivo con respecto a este plan “semella que non se atreven a exixirlle a louzán que cumpla os seus compromisos” xa que, a día de hoxe  xa hai  concellos, que teñen todas as súas obras adxudicadas, “mentras que silleda, segue a esperar, e  a gastar os cartos de todos”.

Os socialistas puntualizan que estarán atentos, para evitar ademais que o concello pretenda con este bacheo non ter  que facer a reparación completa, “e poder destinar os cartos fixados para esta pista a outras intervencións” di Manuel Cuiña

Para os socialistas esta actuación, deixa en evidencia a falla de criterio do goberno para facer os traballos de mantemento da rede viaria “hai uns meses asfaltáronlle  pistas o Adif, e agora arreglanlle traballos a Deputación”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera