21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / OS SOCIALISTAS ASEGURAN QUE A REMODELACI

2010

OS SOCIALISTAS ASEGURAN QUE A REMODELACION DO GOBERNO SEGUE A CUMPRIR O GUION FIXADO POR JAVIER CUIÑA ANTES DA MOCION

DIN QUE CON ESTA REMODELACION JAVIER CUIÑA POR FIN ACADOU O QUE SEMPRE QUIXO, TER O PODER. LAMENTAN QUE SE NINGUNEE A EVA LOJO, A UNICA EDIL QUE DA A CARA PERANTE OS VECIÑOS

 

07/07/2010

 

Para os socialistas a remodelación do goberno feita por Rey “cumple a pes xuntiños todo o que na calle estaban a comentar a maioría dos silledenses, que, logo da salida de Roucho, seria Javier Cuiña o que se faria cargo de devenir do goberno de silleda”
Con esta remodelación o edil de Rellas é o que “sae beneficiado, logrando con ela o que sempre ansiou, ser o alcalde na sombra cunha monicreque que asuma as responsabilidades”.
Para os socialistas o nomeamento de Javier Cuiña como tenente de alcalde “era algo esperado, ainda que non sabíamos a quen ía a seguir coaccionando ou comprando para logralo xa que esa é a súa  forma habitual de traballar”, e recordan a presión exercida por Rey e Cuiña, con baixa médica incluída, que fixo que Roucho deixara de ser “unha molestia na súas  ambicións persoais” ou o acordo tácito con Javier Presas “quen xa fai varias semanas é o  chico dos recados de Cuiña, cuestión que quedou latente no último pleno”.
Ante esta forma de actuar, “maquiavélica e conspiradora”  quedaba por saber a quen, e de que forma, terían que comprar para poder “lograr a cuota de poder ansiada sen danar sensibilidades” evitando con elo unha ruptura dun goberno “en práctica minoría e sen xestión que o avale”
E, o que arroxa a luz  esta manobra, é que a elegida foi Concha Vazquez, “que decidiu infravalorar a súa integridade e o seu compromiso cos silledenses por un puñado de euros de aquí o final da legislatura”, xa que prefireu asumir unha parte do salario de Rey,”a cambio de  quedar sen poder de decisión no executivo o abandonar a Xunta de Goberno Local”. Os socialistas lamentan que Concha non houbera valorado axeitadamente “que estes cartos os vai a conseguir fácilmente,  pero que a dignidade é moi difícil de recuperar”
Din tamén que no caso do Concellal  Alejandro Vidueiros, o seu nomeamento como tenente de alcalde “semella que obecede somentes a un interes de Cuiña para que se diluíran as reaccións da xente ante o  seu asalto o poder” xa que ” xa que o único que fixo nestes últimos meses é intentar pasar desapercibido “mentras forma parte del atropello que se esta cometendo” xa que, ata o momento descoñecense cales eran as súas funcións, “mais aló de pasearse no coche oficial que ten a súa disposición día e noite”·.
O socialistas din que agora o único que queda por saber é cal vai a ser o papel da edil Eva Lojo “a única figura que sale degradada do novo executivo”. Este menosprecio é, a vista dos acontecimientos, algo entendible e esperable, xa que  todo indica que debe ser a única edil que parece estar apostando por recuperar a dignidad en lugar de plegarse ao que diga  Javier Cuiña, algo que co tempo os silledenses, sabrán apreciar, xa que a priori “asumeu decisións na súa area de educación que de seguro no contaban co beneplácito do de Rellas”, en alusión o acontecido nos últimos días con Acode.

 

Aseguran que sinten vergoña o leer as declaracións de Rey “que en oito meses no cargo, tres os pasou de baixa” cando di que vai traballar coas mismas ganas que cando chegou a Alcaldía, cando o único que fixo dende a moción de censura foi menoscabar a honorabilidade do noso Concello e facer de Silleda o  faimerir  da Provincia, “cun goberno que non xestiona, que non se entera e que está levando o Concello á devacle económica”.
Para os socialistas que alabe a profesionalidade  dun equipo como este, é a guinda que lle faltaba a tarta da desfachatez “ temos o PXOM no caixon dos olvidos, da rebaixa da auga nin se sabe nada nin se espera nada, os compromisos adquiridos reais na xunta son inexistentes, nada se sabe do Centro de Día nin do  Plan anticrise da Deputación” .
Recordan cando se lles dixo que non ían ter cartos para asumir a area de cultura e agora comprobamos como  “tivemos a Romeria do Rapaz mais pobre da historia e nos presentan un  programa das festas Patronais como se foramos un   Concello de terceira”.
Din que no medio rural “as pistas están destrozadas e como xa ensilaron a herba das cunetas en inverno agora están deixando que cure sen cortala”. Nas vilas “as rúas están sucias, non se fai a recollida do lixo axeitadamente e os servizos cada día que pasa, baixan de calidade”.
Eso si, o único que están a facer e empezar as obras do Plan E estatal, e por fin na rotonda propiedade do Ministerio de Fomento que o concello está arreglando cos cartos de todos “a muller traballadora xa luce mais  alta, como si intentase chamar a alguen do concello veciño para que veña a poñer orde en Silleda, sen decatarse que seremos os silledenses os que poñeremos orden nas próximas eleccións municipais”  
A vista do acontecido, e coñecendo o persoal que agora asume postos de responsabilidade “coas máns libres” so esperamos que o resultado do traballo de este “novo goberno”, non se note mais no patrimonio de “algún de estos sacrificados servidores” que no propio pobo.

Din tamén que esperan que o PP local se pronuncie sobre a posibilidade de chegar a un acuerdo de gobierno con este novo executivo “xa que de facelo quedaría en evidencia o seu apoio tácito a moción de censura que tantas veces negaron”

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera