21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / MANUEL CUIÑA VALORA A XUNTANZA POPULAR

2010

MANUEL CUIÑA VALORA A XUNTANZA POPULAR EN VILATUXE COMO UN ENCONTRO ENTRE POPULARES E TRANSFUGAS

08/07/2010

 

O secretario de organización do PSDG PSOE, Manuel Cuiña  fai valoración da reunión celebrada en Vilatuxe polas forzas populares, “a reunión con Crespo deixa as claras que os que están dirixindo os destinos do noso pobo, con criterios de interese persoal, pretenden sair reforzados e recuperar o peso político que perderon”
Cuiña pide explicacións públicas a Crespo como responsable comarcal de PP de porque se reuniu cun concelleiro silledense, en referencia a Javier Presas, que, non é militante do PP e que  foi nomeado tránsfuga pola comisión de expertos do pacto antitransfuguismo no que está tamén representado o seu partido.
Exíxelle tanto a crespo como a Pena Fernandez, responsables populares comarcal e local, que se pronuncien sobre si van a acatar a decisión da comisión do pacto antitransfuguismo e  obviar os ex edís silledenses nas súas tomas de dicisión o si polo contrario van a seguir contando con eles en futuras reunións.
Quere tamén que aclaren, se como afirmou Rey na súa remodelación de goberno, o PP vai a negociar a incoroporaciín dos novos edís populares “ a un goberno formado por concelleiros tránsfugas saído dunha moción de censura”.
 

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera