21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG PSOE DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO

2010

O PSDG PSOE DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO NO QUE SE ATOPA A FERVENZA DO RÍO TOXA.

16/07/2010

 

O Partido Socialista de Silleda lamenta a deixadez do goberno con respeto á limpeza e mantemento do entorno das “Fervenzas do Toxa”. E recordan que é un espazo natural moi importante para o desenvolvemento turístico non so do Concello senón de toda a  comarca “que en pleno mes de xullo estemos dando unha imaxen asi, denota a falla de control organizativo de este goberno”.
Din non entender como unha das zonas mais turísticas e visitadas do concello presenta un abandono case absoluto. A vexetación no acceso o mirador cubre en zonas, a practica totalidade das sendas de acceso, e na baixada o enclave natural as silvas chegan á metade da mesma en tramos, cubrindo incluso as barandas de protección.
Tendo en conta que o inverno pasado sufrimos na comarca intensos temporais, e lamentable que non se houbera controlado esta zona a estas alturas do ano, xa que os camiños están estragados con socavóns provocados polas riadas da choiva, e ainda hai árbores tiradas polo vento, que non foron retirados.
Denuncian  tamén, que a sinaléctica do enclave así como  as mesas de pedra que hai no entorno non están en bo estado, xa que incluso hay bancos rotos que poden chegar a representar un perigo para os usuarios

O grupo municipal insta ó goberno para que leve a cabo as tarefas de limpeza para que este entorno poda ser visitado, “é imperdonable que en plena época turística teñamos o noso mayor reclamo natural nesas condicións”.
Din que presentarán un rogo no próximo pleno para conquerir o compromiso do Concello con este enclave.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera