21 de setembro de 2019

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE SILLEDA

 


Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG PSOE FAISE ECO DAS QUEIXAS VECIÑA

2010

O PSDG PSOE FAISE ECO DAS QUEIXAS VECIÑAIS DA PARROQUIA DE PONTE NA RECOLLIDA DE LIXO.

20/07/2010

 

Os veciños de Ponte puxéronse en contacto co PSDG PSOE para denunciar que levan  sufrindo varias semanas que non se faga a recollida de xeito periódico en toda a parroquia.

Din estar cansos de ter que protestar no Concello para que se lles vaya a recoller e solicitaron a intervención do grupo municipal socialista para tentar solventar o problema.

Din que ademais detectaron que en algún dos contenedores veñen a verquir os seus residuos residentes de outras parroquias “porque non teñen tampouco onde botalo o que agrava aínda mais se cabe o problema”.

O grupo municipal presentará esta mañá unha petición formal no concello, pedindo explicacións e exisindo responsabilidades o edil de medio rural Alejandro vidueiros ”por deixadez de funcións xa que non é a primeira vez que os veciños do rural acuden o noso grupo o non atopar resposta na administración local”. Exíxenlle ademais, a petición veciñal,  a colocación de novos contenedores nos lugares de Ponte xa que en algún de eles,  son claramente insuficientes.

 

 

 

 

 


E-mail: silleda@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera