Home / ESTOXO / 2010 / O PSDG-PSOE DENUNCIA QUE O CONCELLO PARA
O PSDG-PSOE DENUNCIA QUE O CONCELLO PARALIZOU AS OBRAS DE BACHEO DA PISTA DE OS ESPINIÑOS A CUBELA EN ESCUADRO
A PARALIZACION DEIXA INTRANSITABLE TANTO PARA OS VECIÑOS COMO PARA OS ANIMAIS A PISTA.
A ACTUACION FORA DENUNCIADA POLOS SOCIALISTAS O SER ESTA OBRA UNHA DAS INCLUIDAS NO PLAN ANTICRISE DA DEPUTACION
20/07/2010
O secretario de organización, Manuel Cuiña, di que logo da denuncia pública da actuación que estaban a facer na pista dos Espiniños a Cubela en Escuadro, o estar esta pista incluída nos proyectos do plan anticrise “O Goberno paralizou o bacheo, coa pedra botada nos buratos o que imposibilita o seu uso”. Dí que a pista atopase agora intransitable sobe todo para o gando “que non é capaz de camiñar sobre as pedras que enchen os buratos”. Lamenta que o concello “actúe a impulsos”, organizando os traballos sen sentido ningún, xa que “primeiro empezan a bachear unha pista para a que teñen cartos da Deputación para arranxala completamente e cando se lles advirte, paralizan os traballos sen importarlles como quedan os veciños” Eso si, di Manuel Cuiña que “como é habitual” logo da denuncia dos socialistas, o Goberno fixo pública a contratación inmediata do proxecto do plan anticrise que incluía esta obra “nun mal intento de lavar a súa metedura de pata”, pero non lles importou “deixar sen amañanar a desfeita e aos veciños sen servicio” Manuel cuiña exíxelle que tapen provisionalmente a pedra botada, “xa que os veciños xa están fartos de sufrir a súa mala xestión” e que exixan o inmediato comenzo das obras de mellora recollidas no Proxecto do Plan Anticrise da Deputación xa que son varias as pistas de urxente reparación. “Vai sendo horas de que se vexa a tan traida colaboración institucional, que ata o momento nada se sabe de ela, mais ala do obsequio dunhas toneladas de aglomerado de tan boa calidade que se desfai antes de que os operarios acaben de botalo, e que por certo, ainda que regalado o precio que pagan o porte sale a precio de comprado” di Manuel Cuiña mentras recorda que “O concello paga 300 euros por cada porte de aglomerado, cando a maioria dos transportistas do noso concello o farian por a metade de importe”. Recordan que esta pista, tiña que estar arranxada con cargo a anualidade do 2009 do Plan anticrise, que estamos a mediados do ano 2010, e que “o único que teñen os veciños son baches cheos de pedras e unha pista inutilizada pola súa neglixencia”
|



|
|